Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Javier Bas, candidato único para presidir o PP de Redondela

    27 de maio de 2022. O deputado nacional e ex alcalde, Javier Bas, entregou ante a Comisión Organizadora do Congreso, presidida por María do Carme Bastos, máis do 90% dos avais de afiliados con dereito a voto, e convértese así no único candidato a presidir o Partido Popular de Redondela.

    A partir de agora, e ata o 5 de xuño, o candidato iniciará unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados e presentar e explicar o seu programa para presidir a xunta local e o seu equipo. O congreso celebrarase o sábado 11 de xuño.