Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O pleno polo caso Cuñada de Carmela Silva celébrase o venres na Deputación de Pontevedra

    • Tras a sentenza que dá a razón ao PP e obriga á Deputación a convocar a sesión extraordinaria.

     

    25, maio, 2022.- Cinco meses despois de solicitalo por rexistro, e tras a sentencia do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra, que dá a razón ao PP, o pleno extraordinario polo caso Cuñada de Carmela Silva celebrarase este venres, 27 de maio, no Pazo Provincial. A sesión será a continuación do pleno ordinario, que comeza ás 12.00 horas.

    Os populares esixirán á presidenta da Deputación, Carmela Silva, responsabilidades políticas e que dimita pola trama corrupta para beneficiar economicamente á súa cuñada, pola que hai unha sentenza do Supremo que condena a un alto funcionario do Concello de Vigo a máis de cinco anos de cárcere, así como ao responsable da empresa adxudicataria.

    Para os populares a relación familiar coa presidenta non pode ser unha casualidade, como tampouco o é que os dous condenados que gardaron silencio durante o xuízo e non aclararon de onde viña a instrución política, hoxe un deles estea esperando un indulto, alegando a súa militancia socialista e apoiado por sinaturas de asociacións municipais que reciben fondos públicos do Concello de Vigo, e que o outro condenado estea traballando para unha empresa concesionaria do concello e se vaia a subrogar cun contrato a unha futura adxudicataria.

    Recordan que a única beneficiaria de toda esta trama é a cuñada de Silva, que recibiu 108.000 euros das arcas municipais por uns traballos que non fixo.

    Por último, os populares xa adiantaron a semana pasada, tras coñecer o fallo do xulgado, que renunciarán a cobrar as asistencias ao pleno que lle corresponden como deputados provinciais.