Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda deixa a presidencia do PP de Pontevedra e Luis López asume as súas funcións de xeito interino

    20, maio, 2022. Coincidindo coa celebración do 18 Congreso do PPdeG esta fin de semana, no que Alfonso Rueda é candidato único a presidir o partido, o líder provincial deixa a presidencia do PP de Pontevedra, xa que segundo os estatutos do partido é incompatible desempeñar máis dun cargo rexional.

    A partir do domingo, o secretario xeral do PP de Pontevedra, Luis López Diéguez, asumirá as funcións da presidencia de forma interina, que consisten en coordinar toda a acción política do partido, ata a elección dun novo presidente.