Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Estupor no PP ao presumir Carmela Silva de transparencia mentres segue sen dar explicacións pola trama corrupta da súa cuñada

    • Marnotes di que “ningún indicador de transparencia pode esconder que a presidenta da Deputación non asumiu ningunha responsablidade política tras a sentenza do Supremo”.
    • Recordan que o único que avalía Dyntra son indicadores sobre información na páxina web da institución, que nada ten que ver co nivel de transparencia na actuación do Goberno provincial.

     

    16, maio, 2022.- O grupo provincia do Partido Popular amosa o seu estupor ante a transparencia da que presume a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mentres continúa sen dar ningún tipo de explicación nin de asumir responsabilidades políticas pola maior trama corrupta dos últimos anos en Galicia, que urdiu un plan para beneficiar economicamente á súa cuñada, que cobrou 108.000 euros dunha concesionaria do Concello de Vigo sen traballar.

    Para o deputado popular, Alfonso Marnotes, “ningún indicador de transparencia pode esconder que Silva non asumiu as responsabilidades políticas tras o caso da súa cuñada”. Nesta liña, o popular recorda que Carmela Silva leva seis anos amosando unha actitude antidemocrática, impedindo a intervención en pleno para falar da súa cuñada, ben sexa a través de mocións ou de convocatorias extraordinarias; tampouco quixo someterse a preguntas dos populares sobre o caso dos falsos becarios, dos que, por certo, ninguén sabe a día de hoxe que medidas ou decisións se adoptaron por parte da Deputación para cumprir coa sentencia do Supremo; e incluso é criticada desde colectivos e escritores de censura.

    “Este é o nivel de transparencia do que se atreve a presumir Carmela Silva?”, pregunta Marnotes, e recorda que o único que avalía Dyntra son indicadores sobre información que aparece reflectida na páxina web da institución, que nada ten que ver co nivel de transparencia na actuación do Goberno provincial.

    Pero é que, ademais, indican desde o PP, en febreiro deste ano a propia plataforma situaba á cabeza dos presidentes de deputacións con maior transparencia nos seus portal web a Manuel Baltar e, nese momento, Carmela Silva só cumpría o 51% dos indicadores e estaba na duodécima posición. Foi unha vez que coñeceu este resultado, no mes de marzo, “cando desde a Deputación de Pontevedra volveron a presentar unha avaliación e cumprir co que di a lei de transparencia e poder ascender á primeira posición. Porque xa sabemos que o único que lle importa a esta presidenta é conseguir o titular, os feitos e a realidade danlle igual”.