Poio, 11 de maio de 2022. O concelleiro do PP de Poio Tucho Muíños criticou duramente ao Tripartito por “sacar un suspenso” en xestión turística un ano máis, destacando entre as probas da falta de xestión neste campo, que o Goberno local só foi capaz de obter unha praia co distintivo de Bandeira Azul outorgado por ADEAC, en Cabeceira.
Muíños destacou que en 2022, Poio, un concello teoricamente de interese turístico, con 20 km de praias, volverá ter un só areal recoñecido con estes distintivos: “O mar e o turismo son sectores estratéxicos para Poio, e o Tripartito é incapaz de facer a xestión que merecen os nosos veciños e o noso pobo”.
No ano 2018 prometeron recuperar a bandeira azul para a Praia de Xiorto ademáis de solicitar a bandeira azul para a Praia de Raxó pero como é habitual, seguimos igual « e as promesas do Tripartito seguen sen cumplirse, 27 anos dunha mentira que a veciñanza segue agardando que se cumpla»- denunciou Muíños.
«Pretenden maquillar a súa xestión con fotografías, cursos, con plans pero a realidade é que un ano máis voltan suspender o verdadeiro examen de calidade e excelencia turística», sentenciou o popular.
Para os populares, a xestión do turismo é unha mostra dun concello paralizado e sen proxecto. Xestionar o turismo, o mar e todas as áreas dun concello dinámico e con potencial de 17.000 persoas esixe un ritmo e unha capacidade de traballo que os 3 Alcaldes non teñen.