Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O Congreso do Partido Popular de Redondela celebrarase o 11 de xuño

    • Poderanse presentar candidatos á presidencia ata o mércores 25 de maio.

     

    11, maio, 2022. O Partido Popular de Redondela celebrará o seu 9º congreso local o sábado 11 de xuño. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como aos membros da Comisión Organizadora, que estará formada por María do Carmen Bastos, como presidenta; Cándido Vilaboa, vicepresidente; María Lago, secretaria; e Antía Martínez e José Pérez como vogais. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

    PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS

    Ata o vindeiro mércores, 25 de maio, os afiliados que desexen optar á presidencia local do partido poderán presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados que se atopen ao corrente de pago das cotas, e un máximo de 50.

    Unha vez finalizado este prazo, e despois de que a Comisión Organizadora do Congrese proclame oficialmente aos candidatos, abrirase unha campaña interna entre o 27 de maio e o 5 de xuño para que as persoas aspirantes poidan presentar o seu programa para presidir a xunta local e o seu equipo.

    PARTICIPANTES NO CONGRESO

    Poderán participar no congreso os afiliados do PP de Redondela que estean ao corrente do pago das cotas. Deberán formalizar a súa asistencia cubrindo un formulario de inscrición, que poden descargar na web local do partido, ata o mércores 25 de maio.