Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • A SRA. ALCALDESA E O SEU SOCIO MOVEMENTO SALCEDA, ENGANAN OS VECIÑOS UTILIZANDO O MESMO ANTEPROXECTO E TERRENO PARA DUAS FINALIDADES DIFERENTES.

    • O GOBERNO BIPARTITO UTILIZOU O ANTEPROXECTO FEITO PARA A SEGUNDA GALIÑA AZUL PARA SOLICITAR UNHA SUBVENCIÓN PARA UN CENTRO DE DÍA.
    • NON SE PODE TER MÁIS DESFACHATEZ QUE PRETENDER ENGANAR OS SALCEDENSES CON ESTA MAQUILLAXE DUNHA INFOGRAFÍA
    • UNHA NOVA MANIPULACIÓN FACENDO CRER A CIDADANÍA TER UN ANTEPROXECTO CANDO EN REALIDADE E O MESMO QUE SE UTILIZOU NO ANO 2020 PARA A GALIÑA AZUL.
    • PARECE UN SAINETE CÓMICO DUN GOBERNO QUE PRETENDE COMPETIR CO GOBERNO CENTRAL EN VER QUEN É O QUE ENGANA MÁIS A CIDADANÍA.
    • E TODO UN DESPROPÓSITO, POR UN LADO, NON TEÑEN O TERREO, POR OUTRO. NON TEÑEN UN ANTEPROXECTO E PARA REMATAR, UTILIZAN A MESMA INFOGRAFÍA RETOCADA E CON OUTRO ÁNGULO DE VISIÓN.

     

    Salceda de Caselas 7 de maio de 2022. O PP critica que o goberno PSOE-MS reutiliza o anteproxecto da escola infantil e deciden aportar os mesmos terreos para solicitar unha subvención para un CENTRO DE DIA.

    O Partido Popular salcedense, fai público que o goberno do municipio, o bipartito de PSOE e MS, ben de renunciar indirectamente a ter na localidade unha segunda galiña azul, xa que van a dispor dos terrenos que inicialmente tiñan designados para este fin, para plantexar un Centro de Día, porque non existe outra posibilidade na actualidade e a curto medio plazo (cinco – oito anos como mínimo tardaríase en desarrollar a segunda fase do PERI o carón do centro de saúde) de aportar outros terreos que non sexan os xa mencionados. Os populares manifestaron a súa perplexidade e decepción, o ver e comprobar como o goberno pretende engañar e manipular os veciñ@s nun asunto tan serio e importante para a sociedade salcedense como o do Centro de Día e unha nova escola infantil Galiña Azul. O voceiro local e presidente do Partido na localidade, Santiago Rodríguez Davila, ven de facer públicas as seguintes reflexión e declaracións para trasladalo a sociedade:

    • “O goberno da improvisación, da descoordinación e da chapuza reutiliza as imaxes do anteproxecto da escola infantil enviadas a prensa en outubro de 2020 para o hipotético novo proxecto de Centro de Día”.
    • “O mesmo edificio, visto dende outro ángulo, con pequenos retoques e cambiándolle o nome, de Escola Infantil de Salceda a póñenlle Centro de Dia de Salceda, e enviado de novo a prensa o 29 de abril deste ano co propósito de enganar o vecindario facéndolles creer que teñen os terreos e o anteproxecto feito”.
    • “O que fai este goberno podría ser ata chistoso se non estivesen a enganar a poboación con ocurrencias que non estaban planificadas nin pensadas por este goberno, se non que xurden de oportunidades que pon a disposición d@s salcedenses a Xunta de Galicia, a única administración que cumple con Salceda, para exemplo o Centro de Saúde (e iso que tiveron que esperar case dez anos polos terrenos) ou a próxima ampliación do IES e a implantación do Bacharelato”.
    • “ Nós seguimos defendendo a necesidade dun centro de día, fomos os que propuxemos eses terreos para tal fin no programa electoral que maioritariamente apoiaron os salcedenses nas urnas en maio de 2019. O que non se pode é desvestir un santo para vestir outro. Ou galiña azul! ou centro de día!, as duas construccións non collen no mesmo terreno, e outro, levaría un tempo non menor a cinco – oito anos en conseguirse. Que digan a verdade, nin teñen proxecto! nin teñen terreno!, salvo que cambien de postura e queiran utilizar o terreno que destinaron a galiña azul”.
    • “Parece que a outra forma de gobernar da que presumía a señora alcaldesa o chegar a alcaldía, é tratar de enganar o vecindario con fotos de anteproxectos trucados e reutilizados, sen ideas claras do que se quere facer e sen un proxecto da Salceda do mañá”.
    • “Non merecemos un goberno que nós minta, que non sexa serio en asuntos tan importantes, pretendendo colarnos un gol nun despiste, cousa que non conseguiron porque o noso Grupo traballa con rigor, moderación, sensatez e coherencia. Cando non se conta a verdade e se manipula a realidade, deberíase pedir perdón para despois dimitir”.