Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O Partido Popular interésase polo grao de implantación do teletraballo nos diferentes servizos da Deputación de Pontevedra

    •  Pardo sinala que “hai queixas de funcionarios que están pedindo teletraballar e aos que se lle están poñendo trabas para poder facelo”.

     

    5, maio, 2022.- O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra información detallada sobre o grao de implantación do teletraballo nos diferentes servizos provinciais. Concretamente, a deputada Pepa Pardo pide o número de persoas que solicitaron esta modalidade desde que o pleno provincial aprobou o regulamento, en outubro do ano pasado, así como a cifra dos que xa están traballando a distancia e os medios económicos que a institución provincial está destinando para a adquisición de equipos informáticos, ferramentas ofimáticas, de traballo remoto ou colaborativo, ciberseguridade, bases de datos, sistema de firma electrónica...

    Pardo sinala que “sabemos que hai queixas de funcionarios que están pedindo teletraballar e aos que se lles están poñendo trabas para poder facelo”, e por iso “queremos coñecer cal é a situación real a día de hoxe”. E insiste en que tanto o Real Decreto Lei do ano 2020 como a Lei de 2021 de traballo a distancia, contemplan o teletraballo como unha mellora da conciliación do desenvolvemento profesional coa vida persoal e familiar. E, engade, “o teletraballo ben regulado e cuns procesos bos, favorece tamén o aforro de custes á empresa e aos traballadores, evita desprazamentos e favorece a diversidade”.

    Pardo recorda que o PP sempre apoiou a implantación do teletraballo na Deputación de Pontevedra naqueles postos nos que, pola súa natureza, permiten desenvolverse fóra das oficinas provinciais mediante o emprego das novas tecnoloxías, e mesmo presentou unha moción en xaneiro de 2020 ao respecto, moción que foi rexeitada polo Goberno provincial e que só dous meses despois, a pandemia sanitaria deixou en evidencia a importancia de contar con este regulamento. Finalmente, aprobouse en outubro do ano pasado, “pero sen recoller nin unha soa das alegacións presentadas polo PP e que pretendía facelo máis pegado á realidade e ás necesidades dos empregados”.