Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DE POIO PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DUN PARQUE INFANTIL NA PARROQUIA DE SAMIEIRA.

    •  Está mañá quedou ditaminada na comisión de urbanismo, a moción popular para a construción dun parque infantil en Samieira.
    • O texto recalca a necesidade de espazos de lecer para os cativos da parroquia, xa que a única estrutura de esparexemento infantil coa que contan é o parque infantil de Arén.
    • Os populares propoñen que se consulte aos residentes sobre a ubicación deste parque.

     

    Poio, 3 mayo 2022. O PP de Poio ven de presentar este martes unha moción ante a Comisión municipal de Urbanismo instando a construción dun parque infantil, na parroquia de Samieira.

    A única estrutura de esparexemento infantil coa que contan é o parque de Arén que resulta insuficiente en relación á poboación e a extensión da zona.

    Na parroquia existe outro parque que non é de titularidade municipal e que precisa a colocación dos aparatos para facer deporte que se atopa no chan, ademáis de ter un dos seus bancos caído.

    O documento inclúe tamén a proposta de que se consulte aos residentes as súas preferencias para a ubicación do parques, “tomando en consideración os criterios espaciais e económicos de eficiencia que correspondan”. Os populares recalcan que é importante que a veciñanza sexa partícipe das decisións que se toman respecto as actuacións a desenvolver polo Concello.

    A poñente da moción, a concelleira Rocío Cochón, mostrouse esperanzada de que o resto de partidos apoien a proposta cando se leve ao Pleno da Corporación, “e se salde así unha débeda histórica cos nenos e nenas de Samieira”.