Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP esixe a Marta Giráldez que aclare por que tanto interese en que o Centro de Saúde de Meis se constrúa na finca do Mosteiro

    • José Luis Pérez acusa á alcaldesa de “mentir” aos veciños e Sanidade e de poñer “os seus intereses escuros” por riba da veciñanza e das súas necesidades.
    • Recordan que hai un acordo plenario do 25 de marzo que obriga ao Concello de Meis a poñer a disposición de Sanidade a finca da Rochela, polo menos para a súa valoración.

     

    Meis, 3 de maio de 2022.- O Partido Popular de Meis lamenta o “espectáculo bochornoso” que está dando a alcaldesa, Marta Giráldez, con respecto ao futuro Centro de Saúde de Meis, e esixe que, “dunha vez por todas aclare ante a cidadanía por que ten tanto interese en que se constrúa nesa finca e non noutra, e por que non deixa que sexan os técnicos quen valore con criterios obxectivos e técnicos que finca se adapta mellor ás necesidades sanitarias”.

    O voceiro popular, José Luis Pérez, di que “é un escándalo” que a alcaldesa oculte á Consellería de Sanidade “de xeito totalmente intencionado” o acordo plenario do 25 de marzo, “un acordo aprobado por maioría para propoñer que se constrúa enfronte do actual centro médico da Rochela, un acordo que obriga ao Concello de Meis a poñer a disposición de Sanidade a finca da Rochela para que, como mínimo, sexa valorada. O popular insiste en que “estamos falando dun servizo fundamental e prioritario para a cidadanía, e non pode estar condicionado por criterios políticos”. Unha actitude “trapalleira”, que deixa en evidencia “que os veciños non se poden fiar de Marta Giráldez. É falsa e caprichosa, prefire enganar aos veciños e prexudicalos coa súa decisión se iso lle reporta un beneficio político”.

    Recorda que hai un acordo aprobado por maioría no pleno, “e o que ten que facer a alcaldesa é poñer a disposición da Consellería de Sanidade esta proposta. Pero o que está facendo Marta Giráldez é incumprir deliberadamente o acordo, enganar aos veciños e á Consellería de Sanidade”. Por iso, din que “non é casualidade” que enviasen este acordo xusto despois de asinarse o convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Meis. “Que interese ten Marta Giráldez? É porque a proposta saíu do Partido Popular ou hai outras razóns que descoñecemos?”.

    Desde o PP explican que “nós non estamos dicindo que ten que construírse obrigatoriamente na Rochela, pero si reclamamos que se estude esta localización. Queremos que se elixa a mellor opción para os veciños, non a mellor opción para a alcaldesa e os seus intereses partidistas”. Así, insisten en valorar si a finca da Rochela “é beneficiosa e boa para a cidadanía, si a localización é cómoda, si encaixa no proxecto de Sanidade e, ademais de todo o anterior, si incluso resulta máis económica para o concello”. Neste senso, din que descoñecen o prezo final da parcela que propón Marta Giráldez, “pero estamos seguros que a da Rochela é moito máis barata”.