Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O Tripartito realizará unha modificación da ordenanza para seguir cobrando as plusvalías

    • O PP de Poio critica a axilidade dos tres partidos que forman o goberno para subir impostos ou cando menos poder seguir cobrando como no caso das Plusvalías que irá unha modificación da ordenanza deste imposto.
    • «Resulta sorprendente escoitar aos responsables do goberno presumir de levar 10 anos conxelando impostos, afirmación que primeiro é mentira xa que acaban de subir o imposto dos turismos e vehículos de ata 3.500kg e segundo resulta que levando 10 anos conxelados seguen sendo os máis caros de Galicia como pode ser o casa da taxa de basura».
    • «O único que logrou o Tripartito desde a súa chegada e ter os impostos máis caros de Galicia e ser o concello coa maior débeda da provincia».

     

    26 de abril de 2022. O PP de Poio critica a axilidade dos tres partidos que forman o goberno para subir impostos ou cando menos poder seguir cobrando como no caso das Plusvalías que irá unha modificación da ordenanza deste imposto.

    «Existen familias no noso concello que sufriron e están sufrindo verdadeiros calvarios para poder pagar as plusvalías e non perder a súas propiedades por iso que non entendemos esta falta de consideración e empatía por parte do Tripartito que sigue coa súa obsesión de subir impostos», sinala Pereira.

    Desde o PP de Poio xa anuncian o seu voto en contra a proposta do Tripartito e xa adiantan o que lle esixirán: «Esixísemoslle ao Tripartito que non cobre máis plusvalías de agora en diante pero tamén a que devolva todas as ingresadas desde que hai sentenzas do Tribunal, é dicir desde 2017 aplicando así unha retroactividade de 4 anos», sinala Pereira.

    «Resulta sorprendente escoitar aos responsables do goberno presumir de levar 10 anos conxelando impostos, afirmación que primeiro é mentira xa que acaban de subir o imposto dos turismos e vehículos de ata 3.500kg e segundo resulta que levando 10 anos conxelados seguen sendo os máis caros de Galicia como pode ser o casa da taxa de basura», indica Pereira.

    Desde o PP de Poio o teñen claro: «O único que logrou o Tripartito desde a súa chegada e ter os impostos máis caros de Galicia e ser o concello coa maior débeda da provincia».

    Os populares destacan que mentres noutros Concellos apostan por rebaixar ou suprimir as plusvalías en Poio modifican a ordenanza para seguir cobrando: «Pese a que moitos Concellos xa deixaran de cobrar as plusvalías polas dúbidas que suscitaba este imposto, o Tripartito en Poio sempre votou en contra das mocións do PP destes anos para suprimilas porque o único que quere o BNG, PSOE e Avante Poio é cobrar dos veciños do xeito que sexa», sinala Pereira.

    «Hai veciños que están a pagar 1.500€, 3.000€, 6.000 e ata de 40.000€ por liquidacións de Plusvalías, este imposto non é unha broma e pode romper e rompeu as economías de moitas familias de Poio», indica Pereira.

    Os populares indican que o Tripartito sube o IVTM, o IBI, cobra os vados máis caros da provincia, cobra a segunda taxa de basura máis cara de Galicia e agora cobra un imposto que moitos Concellos xa non cobraban, o das Plusvalías, que é inxusto coas familias de Poio.

    «Os veciños de Poio, ademais de ser un dos veciños de Galicia que máis impostos paga, son os que menos servizos e investimentos municipais teñen», conclúe Pereira.