Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia unha nova ruptura das tubaxes municipais en Río Miño, na Caeira

    • O PP de Poio volveu a trasladar na Comisión de Urbanismo de hoxe una nova ruptura das tubaxes de auga municipais en Río Miño, na Caeira.
    • Unha vez máis o tempo da a razón ás denuncias que fai o Partido Popular, fai semanas varios concelleiros populares visitaron a zona e advertiron de que existían moitos problemas na zona, presentaron unha moción no pleno solicitando a reposición total dos servicios de Río Miño e o Tripartito votou en contra xustificando que era problemas puntuais.
    • O PP de Poio ten claro que “o Tripartito ten abandonado os veciños da Caeira e Boa Vista”.

     

    19 de abril de 2022. O PP de Poio volveu a trasladar na Comisión de Urbanismo de hoxe una nova ruptura das tubaxes de auga municipais en Río Miño, na Caeira.

    Unha vez máis o tempo da a razón ás denuncias que fai o Partido Popular, fai semanas varios concelleiros populares visitaron a zona e advertiron de que existían moitos problemas na zona, presentaron unha moción no pleno solicitando a reposición total dos servicios de Río Miño e o Tripartito votou en contra xustificando que era problemas puntuais.

    “En Río Miño e San Antoniño levan máis de 17 rupturas, inundacións de baixos, corte de servizo, falta de presión no subministro de auga polo que entendemos que é unha falta de respecto por parte do tripartito afirmar que todo está ben e que non existen problemas xa que a realidade por desgracia volve demostrar quen minte e que ten abandonado os veciños da Caeira cobrando impostos moi caros por servicios deficientes”, denuncia o voceiro popular Ángel Moldes.

    Moldes subliñou que o que sofren estes veciños é un problema común que afecta de xeito sistemático a máis de mil veciños en varios lugares de Poio como Boavista, a Avda. San Xoán, a Seara, Lourido... ou á falta absoluta de auga e saneamento en núcleos como Fragamoreira ou Vilariño.

    O PP de Poio ten claro que “o Tripartito ten abandonado os veciños da Caeira e Boa Vista”.

    Ademais, o estado das tubaxes nesta e outras zonas do Concello fai que os rebentóns e cortes de auga sexan constantes, con vivendas sen servizo, a veces, durante 24 horas: “Son centos de veciños que, de cada mes, pasan unha semana sen auga nas casas”. Por iso o PP solicitou en numerosas ocasións que se substitúa a rede de subministro algo ao que o Tripartito se nega sistematicamente.