Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP reclama no Porriño melloras de humanización e seguridade viaria na EP-2401 entre Torneiros e Mosende

    • Denuncian que o firme está en mal estado en varios tramos e beirarrúas deterioradas, con baldosas rotas e levantadas, e importantes socavóns que provocan situacións de inestabilidade e accesibilidade.
    • Unha situación “con importantes deficiencias que poñen en risco a seguridade dos usuarios” nunha das principais arterias do concello.

     

    19, abril, 2022.- O Partido Popular reclama “melloras de humanización e na seguridade viaria” na estrada provincial EP-2401, entre Torneiros e Mosende, no Porriño. O alcalde e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, xunto aos deputados do grupo provincial, Jorge Cubela, Alfonso Marnotes e Ángel Rodal, visitaron a estrada para comprobar o “importante deterioro que sofre”.

    “Beirarrúas estreitas e deterioradas, con baldosas rotas e levantadas, e importantes socavóns que provocan situacións de inestabilidade, tropezo e caídas. Beirarrúas totalmente intransitables, con problemas de accesibilidade en moitos puntos e noutros con grandes obstáculos para que persoas con mobilidade reducida ou familias con sillas de nenos poidan circular por elas con seguridade, ao que hai que sumar que o firme tamén está en mal estado en moitos tramos da estrada”, explica Lorenzo.

    Unha situación “con importantes deficiencias que poñen en risco a seguridade dos usuarios”, denuncian desde o PP, que recordan que “a nosa responsabilidade é denunciar o mal estado das estradas provinciais, máis cando supoñen un perigo evidente para a cidadanía. Estamos recollendo as queixas e reclamacións dos veciños e así o trasladaremos ao Goberno provincial”. Para Cubela, “a necesidade é clara. Non é unha reclamación illada, como quere facer entender o Goberno da Deputación. Esta reclamación, como outras tantas, ten nome e apelidos. Ten persoas que deben asumir un risco cada vez que transitan por esta vía provincial”.

    Ademais, recordan que a EP-2401 é unha das arterias principais do Porriño, porque une o casco urbano con Torneiros, que é a parroquia con máis poboación e servicios. “Recollemos as reclamacións que os veciños deste lugar veñen facendo desde hai tempo, que piden que a Deputación de Pontevedra acometa un proxecto de reforma integral da estrada”, conclúe o voceiro popular.