O PP DE TOMIÑO considera desorbitada a suba da taxa do lixo aprobada polo Goberno Local

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE TOMIÑO considera desorbitada a suba da taxa do lixo aprobada polo Goberno Local

    • En lugar de buscar outras alternativas máis económicas e investir noutras necesidades prefiren gravar aínda máis aos veciños facéndolle pagar o dobre do que viñan pagando por un servizo que non vai mellorar en nada
    • Os mesmos que presumen de apoiar e defender ao pequeno comercio son os que despois os condean a esta suba que nalgúns casos supón un incremento de máis do 100% con respecto á  taxa actual

     

    Tomiño, 25 de outubro de 2016.- O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, considera desorbitadas a nova taxa do lixo aprobada polo Goberno Local no pleno celebrado este martes. “Lamentamos a falta de sensibilidade tanto cos veciños como co pequeno comercio, que verán aumentado este imposto nun 100%”.

    Segundo os populares, o Concello gasta 400.000 euros ao ano en pagar este servizo que supera os 670.000 euros incluindo o recaudado pola taxa actual; e en lugar de buscar outras alternativas máis económicas e investir noutras necesidades prefiren gravar aínda máis aos veciños facéndolle pagar o dobre do que viñan pagando por un servizo que non vai mellorar en nada, que vai quedar tal e como está.

    Nesta liña, Esteban González, considera que esta suba desorbitada é innecesaria, non xustifica o non querer gastar o diñeiro dos impostos que pagan actualmente os tomiñeses sendo máis ca suficientes para facer fronte ao custo deste servizo. A cambio castiga a os veciños con este aumento da taxa.

    “Con esta suba deberían estar avergonzados, por non ser capaces de priorizar á hora de elaborar os orzamentos anuais e polas dedicacións exclusivas que teñen, que nin se xustifican nin se tocan”.

    O voceiro popular sinala ademais que na nova estrutura tarifaria hai certos datos moi sorprendentes, que antes ou despois o Goberno Local vai ter que explicar.

    ¿Como pode pagar a mesma cantidade unha gasoliñeira, un tanatorio e unha igrexa(600euros) e as explotacións agrícolas e de floricultura pagar 500 euros menos?”. 

    Os mesmos que presumen de apoiar e defender ao pequeno comercio e a hosteleria son os que despois os condean a esta suba que nalgúns casos supón un incremento de moito máis do 100% con respecto á taxa actual, conclúe o voceiro popular.