Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP esixe ao Tripartito que poña a parcela para o novo Centro de Saúde a disposición da Xunta o antes posible

     

    • Ángel Moldes agradece á Consellería de Sanidade o seu traballo para que os veciños de Poio poidan ter axiña un centro moderno, “máis grande e con máis servizos” pero subliña que para iso o Tripartito ten que poñer os terreos a disposición canto antes.
    • O popular pon en valor a insistencia do Goberno autonómico en poñer en marcha este novo centro, incluíndoo nos orzamentos e no plan de infraestruturas sanitarias, enviando cartas ao Concello, convocando reunións co Tripartito, fronte a un Goberno local “de anuncios en falso e cero traballo”.
    • “Vólvese a demostrar que a Xunta é a Administración que máis inviste en Poio e que máis traballa polos nosos veciños”.

     

    12 de abril de 2022. O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, agradeceu que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladase ao Tripartito a súa vontade de construír o máis pronto posible un novo Centro de Saúde en Poio de máis de 2.000 m² e con áreas de fisioterapia, saúde bucodental e novos espazos e servizos para ampliar as prestacións sanitarias dos veciños de poio.

    O conselleiro trasladoullo a representantes do Goberno local nunha reunión aos que os convocou para avanzar na construción dese centro, e na que, segundo a información que recolle a prensa, volveu a solicitarlles que poñan a disposición unha parcela viable e con capacidade suficiente para poder desenvolver ese novo centro, tal e como lles informara xa en varias ocasións.

    Á vista desas informacións, Ángel Moldes esixiu ao Tripartito que se poñan a traballar xa en poñer a disposición eses terreos para que os veciños de Poio poidan ter esa nova infraestrutura, un centro moderno, máis grande e con máis servizos, o antes posible.

    Moldes destacou o interese demostrado polo Goberno autonómico para facer este centro, que se acelerou en novembro de 2021, cando o Consello da Xunta aprobou o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, incluíndoo na fase 1, e desde entón xa remitiu dúas cartas ao Goberno local e convocouno a xuntanzas para avanzar na construción: “Por parte da Xunta hai planificación, orzamentos e un interese demostrado”, explicou Moldes, “mentres o Concello leva meses facendo falsos anuncios e sen facer nada concreto”.

    Moldes recordou que, fronte a este traballo demostrado por parte da Consellería, o Goberno Local “non fixo a súa parte” e limitouse a confrontar e facer promesas en falso, como cando hai meses Luciano Sobral anunciou que xa tiñan terreos practicamente cerrados e dixo que estarían postos a disposición da Xunta en marzo. Por iso pediu a Tripartito “que se poñan dunha vez a traballar e colaboren coa Xunta para que os veciños poidan ver por fin melloradas as súas infraestruturas sanitarias”.

    Por último, Moldes detacou que os compromisos achegados por parte da Consellería volven demostrar que “a Xunta é a Administración que máis in-viste en Poio e que máis traballa polos nosos veciños”.