Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Pilar Rojo esixe ao Goberno central que mellore a accesibilidade no sistema de xestión de quendas da oficina de Correos en Pontevedra

    •  Nunha pregunta no Senado, evitan comprometerse con prazos nos que subsanar estas deficiencias.

     

    12, abril, 2022. A senadora do PP de Pontevedra, Pilar Rojo, rexistrou na cámara alta unha pregunta para esixir ao Goberno central que subsane as deficiencias en accesibilidade na oficina de Correos de Pontevedra, concretamente no sistema de xestión de quendas, e garantir deste xeito que todas as persoas en situación de discapacidade poidan acceder en igualdade de condicións.

    Refírese Rojo a que o sistema da xestión de quendas da oficina pontevedresa ten varios problemas de accesibilidade, como por exemplo, a localización da máquina expendedora, sen sinalización adecuada ou sistema de localización vía balizamento acústico ou aplicación. Tamén a súa usabilidade, xa que é unha pantalla táctil sen interfaz de navegación por voz, sen uso de pictogramas de fácil interpretación, con botóns sen identificación cromática, de pequeno tamaño e sen identificación braille ou altorrelieve, etc. Pero tamén hai outros elementos que dificultan o acceso, como o tícket expedido co número de quenda ou o sistema que indica o mostrador que é simplemente visual, sen correspondencia en canal acústica.

    A popular sinala que “é unha proposta amable, construtiva, que aposta pola inclusión”, e por iso lamenta que o Goberno central, na súa resposta, “fose incapaz de comprometerse con prazos concretos nos que subsanar estas deficiencias e se limite a facer unha declaración de intencións xenérica”. Unha resposta na que se limita a dicir que “ten o compromiso, onde deixa entrever que xa hai algunha oficina no país na que se ten implementado esta nova funcionalidade nos xestores de turno, pero en ningún caso aclara cales son os prazos, o investimento ou os plans para estendelo ao resto de oficinas e, neste caso, á da cidade de Pontevedra”.