Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR DENUNCIA A INCAPACIDADE DO GOBERNO DO SEÑOR CUÍÑA PARA EXECUTAR AS OBRAS DO 2021

     

    Silleda, 9 de abril de 2022.- Dende o Partido Popular de Silleda denunciaron a incapacidade do goberno do señor Cuíña para executar o arranxo de pistas que estaban previstas para o ano 2021,  e que a día de hoxe seguen sen executarse por parte do goberno silledense.

    A execución do Plan Concellos correspondente o pasado 2021, segue en tramitación despois de máis de un ano, e vai acumulando retrasos dos que o único responsable e o executivo silledense pola falta de traballo e de xestión nos traballos que ten que levar a cabo o Concello.

    Según sinalou o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, “A situación e realmente lamentable e preocupante, xa que estamos vendo como son incapaces de sacar as obras adiante, iniciaron o procedemento de contratación e tiveron que anulalo, deixaron pasar meses nos que non se fixo nada no expediente, e agora seguimos acumulando xa casi outro mes máis de retraso porque dende o concello non se realizaou a acta de replanteo previo o comezo das obras, da que o único responsable e o goberno do señor Cuíña.”.

    Para o voceiro popular esta situación contrasta coas declaracións do Alcalde nos últimos días, “Segue vendendo fume intentando enganar a xente con supostas inversións históricas que en realidade son as inversións que lle corresponden a Silleda para o ano 22 e o 23, e sin embargo seguen sin ser capaces de executar o que tiñan previsto para o ano 2021.”.

    Dende as filas populares lamentaron esta situación que lle ven causando moitos perxuicios os veciños de Silleda, “A falta de traballo do goberno e máis que patente, e venlle causando moitísimos problemas os veciños que levan máis de un ano esperando a que dende o concello lle arranxen as pistas que estan desfeitas, pero semella que estan máis preocupados en facer propaganda que en mirar polo ben dos veciños. Dende o Partido Popular pedímoslle o señor Cuíña que deixe as súas vacacións permanentes e que asuma dunha vez por todas as súas responsabilidades, e senón esta disposto a facelo que se marche, pero que non siga castigando os veciños de Silleda deste xeito“.