Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do Partido Popular de Agolada celebrarase o 23 de abril

     

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana Alfonso García Cumplido, María Carames Carmuega e Rui Sarandeses Rodríguez.

     

    07, abril, 2022. O Partido Popular de Agolada celebrará o seu congreso local o sábado 23 de abril, no que terán dereito a voto os afiliados neste concello. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como aos membros da Comisión Organizadora, que estará formada por Alfonso García Cumplido, como presidente, María Carames Carmuega e Rui Sarandeses Rodríguez.

    Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

    Con Agolada, retómanse os congresos locais do partido, proceso que se suspendeu durante a celebración da cita nacional, e con eles o proceso de actualización das xuntas locais. Primeiro foi o congreso provincial, despois o cónclave de Vigo e, tras a elección de Núñez Feijóo como presidente nacional, os populares retoman o seu calendario da provincia cos congresos de Agolada e da cidade de Pontevedra, aos que se irán sumando novas datas.

    O presidente provincial, Alfonso Rueda, explica que é un proceso de reestruturación, e o obxectivo é actualizar o partido e ter en todos os concellos da provincia equipos fortes e preparados para afrontar con garantías as próximas eleccións municipais, é dicir, dar estabilidade e fortalecer equipos a nivel interno para traballar unidos e centrados exclusivamente nas persoas.