Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP critica que o Tripartito presume de “boa saúde financeira” tendo a débeda máis alta da provincia

    •  O voceiro popular Ángel Moldes, criticou que o Tripartito e que afirmen Poio “goza de boa saúde financeira” cando Poio ten a débeda máis alta de toda a provincia de Pontevedra.
    • «Falar de ter unha boa saúde económica cunha débeda de 9 millóns é unha falta de respecto aos veciños».
    • «Os veciños saben moi ben de onde procede o remanente de tesourería, dunha recadación histórica consecuencia duns impostos desorbitados e de obras sen executar no ano 2021: un claro exemplo pode ser ampliación do cemiterio que figura nos presupuestos dos últimos anos e nunca se executou».
    • «Pedímoslle ao Tripartito humildade e prudencia á hora de xestionar recursos públicos, non é normal deberlle calle 9 millóns de euros aos bancos e logo non ten para pagar os 613.000€ de inversións e ter que pedir outro préstamo e pagar os intereses correspondentes».

     

    Poio, 04 de abril de 2022. O voceiro popular Ángel Moldes, criticou que o Tripartito e que afirmen Poio “goza de boa saúde financeira” cando Poio ten a débeda máis alta de toda a provincia de Pontevedra.

    «Falar de ter unha boa saúde económica cunha débeda de 9 millóns é unha falta de respecto aos veciños», indica Moldes.

    Os populares recordan que o tripartito é o goberno con máis débeda da Provincia e o cuarto de Galicia en termos absolutos.

    «Os veciños saben moi ben de onde procede o remanente de tesourería, dunha recadación histórica consecuencia duns impostos desorbitados e de obras sen executar no ano 2021: un claro exemplo pode ser ampliación do cemiterio que figura nos presupuestos dos últimos anos e nunca se executou», indica Moldes.

    Os populares recordan que o remanente de tesourería positivo so indica que o ano pasado recadaron máis que nunca e investiron menos que nunca.

    Ademáis Moldes recorda que se o Goberno Central non suspendera temporalmente as regras fiscais a todas as entidades locais o Concello de Poio estaría agora máis intervido que nunca e incumprindo, como ano tras ano, todas as normas fiscais algo que xa é habitual na xestión das contas públicas por parte do Tripartito.

    «Pedímoslle ao Tripartito humildade e prudencia á hora de xestionar recursos públicos, non é normal deberlle calle 9 millóns de euros aos bancos e logo non ten para pagar os 613.000€ de inversións e ter que pedir outro préstamo e pagar os intereses correspondentes», destaca Moldes.

    «Fanlle caso omiso aos informes semanais dos servizos de intervención que advirten reiteradamente dos perigos de non facer propostas de gastos, de non facer as retencións de crédito oportunas, de deixar facturas no caixón sen pagar, etc.», indica Moldes.

    «Improvisación, arrogancia e pouca prudencia: son algúns adxetivos que definen aos 3 Alcaldes pero algo teñen que ter claro e é que cada ano manexan máis de 13 millóns de euros que non son seus, que son dos veciños e das veciñas de Poio e polo tanto non poden facer o que lles de a gana e como lles de a gana», conclue Moldes.