Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda, no novo Comité Executivo Nacional

    O presidente provincial Alfonso Rueda forma parte do novo Comité Executivo Nacional do Partido Popular. 
    "Estou moi agradecido, é un orgullo que teña Galicia tan presente e que conte cos catro presidentes provinciais. Hai unha presencia potente do PP galego no comité executivo, e iso amosa unha mensaxe clara. Sempre fumos fundamentais para os triunfos do PP nacional e, polo tanto, seguiremos traballando desde Galicia e desde a nosa provincia para que así sexa e para que Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno".
    Rueda tamén destacou a súa "emoción" ao votar a "quen nos liderou tantos anos en Galicia para que sexa o presidente nacional. Ábrese unha nova etapa no PP en toda España". 
    O presidente provincial encabezou a delegación pontevedresa en Sevilla, composta por 96 compromisarios e un grupo importante de afiliados que asistiron como convidados, a máis numerosa das catro provincias galegas. "Unha importante delegación para arroupar a un afiliado da nosa provincia para ser presidente do PP nacional".