Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O SEÑORA VERÓNICA TOURÓN NON APLICA O “OUTRO XEITO DE GOBERNAR” QUE TANTO NÓS PROMETEU.

    •  MOVEMENTO SALCEDA E PSOE DEIXAN SEN PAGAR DO ANO 2021, 1.731.000 € QUE SUMAN AS 1290 FACTURAS DOS DOUS REC.
    •  O ORZAMENTO DESTE ANO RECOLLE 440.000 € DE INGRESO EXTRA POLOS ATRASOS DO IBI DO ANO 2018, E QUE ESTE BIPARTITO LLE APLICA OS SALCEDENSES ENRIBA DO QUE XA PAGARON NO SEU DÍA.
    •  A DÍA DE HOXE O PRESUPOSTO 22 XA CONTA CON MENOS UN 1,7 M€ O TER QUE DESCONTALO DAS PARTIDAS DO MESMO. É UN 31,4% DO TOTAL, O QUE VAI SIGNIFICAR QUE A MEDIADOS DE ANO XA NON HABRÁ CRÉDITO PARA O GASTO CORRENTE.
    •  AS CONTAS RECOLLEN UNHA REDUCCIÓN DUN 26% NA ÁREA DE EDUCACIÓN E UN 0% NA DO CUSTE DO GOBERNO, O MÁIS CARO DA HISTORIA DE SALCEDA DE CASELAS
    •  AS ENTIDADES CULTURAIS, SOCIAIS, DEPORTIVAS E VECIÑAIS SEGUEN CAS MESMAS SUBVENCIÓNS DOS ÚLTIMOS DOCE ANOS

     

    26 de marzo de 2022. O Grupo Municipal Popular no Concello de Salceda de Caselas, ven de facer púbilcas unhas declaracións respeto do REC e da aprobación inicial do Orzamento para este ano 2022 que se deu onte no pleno extraordinario para tratar estas duas cuestións.  Consideran que non hai nada novo, séguese a mesma liña de actuación e non mudan a maneira de xestionar e executar os recursos públicos dos veciños. Según din, seguen a deixar centos e centos de facturas sen pagar, non planifican as inversións, gastan sen ter a partida económica para facerlle frente o pago dos traballos, non fan un procedemento de contratación na maioría dos casos, adxudican a “dedo” (según se interpreta do informe de intervención) e pagan facturas sen ter en conta a relación de orde de entrada. Por todo elo veñen de manifestar que:

    • “ A señora Alcaldesa volve a fallar noutro compromiso os salcedenses, xa que non é quen de controlar o seu goberno o cal tendría que liderar. Non decimos que aplique o “outro xeito de gobernar” que nós prometía, que xa sabíamos que era un slogan e engaño, se non de ter un goberno unido e traballando na mesma dirección. Vese claramente como cada parte do goberno vai o seu, sen importarlle o ben común, que é o que deberían estar”.
    • “ Os dous REC, suman 1.731.000 € de facturas sen pagar no ano 21, 1290 facturas que teñen que esperar a que o bipartito acorde imputalas o exercicio seguinte, polo que seguimos arrastrando impagos dun ano a outro de forma abusiva, sen rigor, sen planificación, gastando o que non se ten, deixando a deber a dúcias de proveedores”.
    • “ O orzamento de 2022 de 5.460.000€ que se aprobou inicialmente onte, xa so lle quedan 3.729.000 €, un 31,4% xa o gastaron no ano 21 e que agora hai que pagar no 22 con cargo o deste ano. Un presuposto que ten unha reducción dun 26% na partida de educación, e de un 0% na partida de custe do goberno local, o máis caro da historia de Salceda (aquí tod@s a cobrar do Concello mentres lle pedimos os veciñ@s que paguen máis IBI) e o máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento municipal e o número de habitantes”.
    • “ Os salcedenses seguen a sufrir a política recaudatoria e de suba de impostos do goberno das señoras Tourón e Castiñeira. Pagaremos un 44% máis polo recibo do IBI do ano 2018. Prevén ingresar 440.000€ enriba do xa pagado no seu día polos veciños por esta anualidade da urbana”.
    • “ As entidades veciñais, centros culturais, tecido asociativo e deportivo, así como as do eido social, teñen neste orzamento 22 as mesmas cantidades en subvencións que tiveron nos últimos doce anos. E curioso ver e leer como se lles enche a boca de bonitas palabras, xestos e propaganda dende o goberno hacia o noso Entroido, e logo ver como seguen a ter a mesma aportación económica nos orzamentos ano tras ano”.
    • “ No capítulo de inversión, non existe para o ano 22 con fondos propios. Non destinan nada a unha nova obra maís alá da de todos os anos do Plan Marco da Xunta de Galicia. Unha triste realidade que logo se verá en obras a dedo, sen licitación correspondente e deixandoas sen pagar para logo trasladalas os REC do ano 2023”.
    • “ Votamos en falta un Plan de inversión claro, onde o saneamento, limpeza e conservación, melloras das instalación deportivas e viarias…sexan prioritarias, concisas e prioritarias. É moi preocupante ver como o PXOM non é un asunto que lle preocupe nin lles ocupe o o bipartito. Así un pobo non pode avanzar e xerar oportunidades para os seus veciños”.