Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP pide á Xunta que reserve para O Grove algunha das prazas da nova categoría de facultativo especialista de Primaria

    • Presentará unha moción para debater  no próximo pleno municipal.
    • Sinalan que é unha oportunidade para incentivar a incorporación de facultativos naqueles concellos, como pode ser O Grove, no que existen dificultades para cubrir as prazas.
    • Instan tamén ao Goberno central que, entre outras medidas, elimine as limitación na taxa de reposición do persoal sanitario e convoque máis prazas MIR de medicina de familia.

     

    O Grove, 26 de marzo de 2022.- O Partido Popular buscará o apoio da corporación para reclamar á Xunta de Galicia que, entre as prazas que prevé aprobar para a nova categoría especialista de Atención Primaria, se inclúan as que están vacantes no Centro de Saúde de O Grove. Os populares xa rexistraron unha moción que se debaterá no próximo pleno municipal para apoiar esta decisión da Xunta de Galicia e, así, aproveitar a oportunidade que supón esta iniciativa para incentivar a incorporación de facultativos naqueles concellos, como pode ser o caso de O Grove, no que existen dificultades para cubrir as prazas.

    Os populares recordan que o déficit de persoal médico de atención primaria en todo o sistema sanitario español dificulta contar cos recursos humanos necesarios e, para poder afrontar este problema, e ante a negativa do Goberno central a tomar outras medidas para aumentar o número de médicos de familia, a Xunta anunciou recentemente a convocatoria destas prazas de médico especialista en atención primaria a través dun concurso de méritos.

    Ademais, tamén na moción, reclamarán ao Goberno central outras cuestións da súa competencia e que están sen resolver, como por exemplo, a eliminación das limitacións na taxa de reposición do persoal sanitario; a creación, con tramitación preferente, da especialidade de medicina de urxencias e emerxencias; a flexibilización do sistema de acreditación de prazas de formación, así como a mellora do programa formativo da especialidade de medicina familiar e comunitaria; e que se convoquen máis prazas MIR de medicina de familia ou, cando menos, resolver positivamente a solicitude de Galicia de incorporar 65 novas prazas formativas de medicina de familia á vindeira convocatoria.