Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Pardo: “Máis aló da propaganda do Goberno, son incapaces de facer nada nin polos concellos nin polos veciños da provincia”

    • “Están máis preocupados en protexerse e en buscar firmas a favor do indulto do acusado por enchufar á cuñada de Carmela Silva, que en buscar solucións ás necesidades económicas dos concellos e dos veciños”.
    • “Esta Deputación ten capacidade económica para axudar aos concellos. Só en 2021, o Goberno tivo dispoñibles ata 363 millóns de euros, dos que só executou o 42% dos seus recursos. Falta vontade política”.

     

    24, marzo, 2022.- A vicevoceira do grupo provincial, Pepa Pardo, defendeu esta mañá no pleno da Deputación de Pontevedra a importancia e urxencia de que a Deputación aprobe un plan específico para axudar aos pequenos e medianos concellos da provincia a paliar o incremento desmedido do gasto corrente, situación agravada polo aumento do prezo da luz, do combustible, do gas e dos subministros que, nas previsións máis optimistas, provocarán unha desviación histórica do gasto corrente ata aumenta, de media, entre o 40 e o 50%.  “Unha crise enerxética e unha situación dramática que afecta a moitos sectores. Familias, empresa e, por suposto, tamén aos concellos, a administración máis próxima aos cidadáns”, apuntou.

    Nesta liña, recordou que “os orzamentos dos concellos son limitados e só teñen tres opcións: que recorten ou prescindan dos servizos e das instalacións municipais esenciais; a suba de impostos, que descartamos absolutamente porque sería insoportable nestes momentos; e a terceira posibilidade é que a Deputación faga o que facer. Que reaccione e actúe, e aprobe este plan”.

    A popular lamentou o rexeitamento e as escusas do Goberno. “Claro que esta Deputación pode axudar aos concellos. Ten capacidade económica para facelo. Só en 2021, o Goberno tivo dispoñibles ata 363 millóns de euros, dos que só executou o 42% dos seus recursos. Polo tanto, é cuestión de vontade política. De querer facelo e de asumir as súas competencias”. Ademais, propuxo que “deixen de gastar no autobombo da presidenta, e verán como sacan cartos. Porque, máis aló da propaganda, son vostedes incapaces de facer nada nin polos concellos nin polos veciños desta provincia”.

    Pardo criticou a “manía” de López Font de que “cada vez que temos pleno da Deputación, se traslada ao Parlamento de Galicia”, e pediu que faga o que ten que facer, cumprir as súas competencias,  que é a cooperación cos concellos da provincia.  “Non están vostedes no localismo. Nin hoxe nin nunca. Converteron esta Deputación na sucursal do PSOE de Vigo. Están máis preocupados en protexerse e en buscar firmas a favor do indulto do acusado por enchufar á cuñada de Carmela Silva, que en buscar solucións ás necesidades económicas dos concellos e dos veciños. Non queren falar do que realmente necesita o mundo local. Apoien ao mundo local dunha vez por todas”.

    Por último, replicou a López Font que “leccións de orzamentos a este partido, ningunha”, e recordou que “cada vez que o PSOE está no Goberno, o que fai é arruinar a todos os españois”.