Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP esixe ao Tripartito combater o feísmo nas actuacións municipais no Casco Histórico de Combarro

    • Os populares denuncian decenas de exemplos de elementos de competencia do Concello, cables, cañerías, cadros de luces... que non respectan a contorna e danan a imaxe dun dos lugares máis visitados e fotografiados de Galicia, xusto cando se cumpren 50 anos da súa declaración como Conxunto Histórico Artístico de carácter nacional.
    • O concelleiro do PP Tucho Muíños pide nunha moción eliminar eses e outros casos de feísmo de competencia municipal e comprometerse que de agora en adiante as intervencións do Concello se fagan con respecto ao valor histórico-artístico e de xeito integrado co patrimonio que construiron os combarreses “xeración tras xeración”.

     

    25 de marzo de 2021. O PP de Poio presentou esta semana unha moción para combater o “feísmo” que actualmente caracteriza moitas das actuacións municipais no Casco Histórico de Combarro, e pediulle ao Tripartito que, aproveitando o 50º Aniversario da Declaración nacional de Conxunto Histórico Artístico, se comprometa a que as súas actuacións no casco histórico se farán “con respecto ao valor histórico-artístico da vila e de xeito integrado co patrimonio”.

    O concelleiro popular Tucho Muíños, veciño de Combarro, explica na moción que este 30 de novembro se cumpren 50ª nos do decreto que recoñecía “o pobo de Combarro” como Conxunto Histórico-Artístico de carácter nacional e lle outorgaba a máxima protección patrimonial, algo que se foi ampliando por parte das distintas administracións en anos possteriores.

    A iniciativa fai un repaso tamén polo recoñecemento aos combarreses que “xeración tras xeración” construiron para vivir un entorno humano único, e á admiración de visitantes do resto de Galicia e de España así como de todo o mundo que foron convertindo a vila nun lugar icónico e no principal destino excursionista de Galicia.

    Lamentablemente, hai un conxunto de actuacións municipais ou supervisadas polo Goberno local que non cumpren criterios estéticos ou de integración cos valores artísticos e culturais protexidos.

    Muíños acompañou a moción de máis dunha decena de exemplos con elementos de competencia municipal, como cables colgando na fachada marítima que supoñen un problema de imaxe pero tamén de seguridade; cadros de luces sen ningún tipo de integración na contorna; cañerías que saen máis dun metro na superficie do mar por entre as pallozas..., e lamentou que “non se pode trasladar esa sensación de deixadez nun lugar fundamental para o turismo, a economía e a imaxe noso pobo. É unha cuestión de seguridade pero tamén de imaxe, máis aínda cando estamos celebrando o 50º aniversario da declaración nacional”.

    O popular puxo como exemplo a proliferación de caixas de distribución de plástico para as instalacións de fibra óptica nos últimos meses, que xeran un impacto visual “cando o lóxico sería apostar por disimulalas e esixir unha integración coa estética de Combarro”.

    Por ese motivo, Muíños pide “corrixir a situación de forma inmediata, traballando por eliminar os elementos máis fóra de lugar, integralos de forma harmoniosa co Casco Histórico de Combarro” e, de agora en adiante, impulsar a integración coa contorna e o respecto ao lugar que os veciños de Combarro construiron xeración tras xeración.

    “Desta maneira, máis aló da conmemoración do 50º Aniversario da Decla-ración nacional do Conxunto Histórico-Artístico, contribuiremos a prote-xer, aumentar e potenciar o valor inestimable de Combarro e garantir que se siga recoñecendo por moitos séculos máis.