Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP urxe á Deputación que mellore a seguridade vial na estrada provincial de San Xurxo, en Salceda

    Os deputados provinciais visitaron hoxe a EP-2501

    • O grupo provincial popular defenderá unha moción no pleno deste venres para pedir a construción de beirarrúas e melloras na sinalización horizontal e vertical.
    • Santiago Rodríguez explica que é unha zona cun tráfico denso, incluso velocidades elevadas, e na que os peóns camiñan polo asfalto.

    Salceda, 25 de outubro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular proporá ao goberno bipartito da Deputación de Pontevedra que mellore a seguridade vial na estrada EP-2501 Salceda-Picoña, na parroquia de San Xurxo en Salceda de Caselas, e por iso defenderá unha moción no pleno deste venres no que urxen a construción de beirarrúas e melloras na sinalización horizontal e vertical no tramo que une a PO 407 e o cemiterio parroquial.

    A voceira do grupo, Nidia Arévalo, o deputado provincial Julio Alén, e o presidente local do PP, Santiago Rodríguez, acompañados por veciños desta zona, visitaron esta mañá esta estrada provincial para comprobar o perigo ao que se expoñen diariamente os peóns que transitan por ela. Santiago Rodríguez explicou que esta é unha zona cun tráfico moi denso, xa que une a igrexa, co cemiterio e dúas parroquias importantes, A Picoña e Santa María, polo que isto sumado a que en ocasións os coches circulan a velocidades elevadas, provoca que se sucedan con frecuencia episodios perigosos para as persoas que teñen que camiñar polo asfalto, porque non só non hai beirarrúas, senón que tampouco existe un sendeiro delimitado para eles. Nesta liña, apunta que a esta situación agrávase nos días de cerimonias ou de enterros.

    A voceira popular, Nidia Arévalo, compartiu esta preocupación, e engadiu que se ao pintado moi deficiente da estrada, se lle engaden as curvas pronunciadas e con pouca visibilidade ou que os peóns teñan que invadir os carrís de circulación para camiñar, o perigo é máis que evidente. Por iso, amosou a súa confianza de que este venres o PP reciba o apoio do resto dos grupos da corporación provincial para que inclúan, canto antes, este proxecto para garantir a seguridade vial dos veciños de San Xurxo.

    Ademais, Nidia Arévalo recordou o que está pasando coas estradas provinciais. “É un despropósito, están totalmente abandonadas desde hai un ano. Hai estradas provinciais que as teñen que limpar os propios concellos porque a Deputación pasa literalmente, e outras nas que a maleza invade a vía ou o asfalto está deteriorado, mentres o Parque de Maquinarias da Deputación está infrautilizado”.