Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda destaca o traballo e compromiso do PP de Vilaboa na defensa dos intereses dos seus veciños

    • Remarca a importancia de chegar cada vez a máis xente, persoas que están descontentas co Goberno local e que buscan unha alternativa seria e estable que poden atopar nos populares.

     

    20, marzo, 22.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse esta fin de semana coa xunta local do Partido Popular de Vilaboa, dentro da rolda de encontros que está mantendo por toda a provincia. Rueda destacou o traballo e o compromiso do grupo municipal e do seu voceiro, Alberto Acuña, na defensa dos intereses dos veciños. Un traballo constante e comprometido, durante estes tres anos, a pé de rúa, escoitando e interesándose polas cuestión que lles preocupan e lles afectan. “Canto máis escoitemos, máis acertaremos. E isto é o que debemos facer. Escoitar todos os días”, subliñou. 

    Por iso, remarcou que, coa vista posta nas eleccións municipais do ano próximo, é fundamental chegar cada vez a máis xente, persoas que están descontentas co Goberno local e que buscan unha alternativa seria e estable que poden atopar nos populares. “Estamos seguros de que recoñecerán e apoiarán o traballo incansable do PP de Vilaboa”.

    Na reunión, Alfonso Rueda estivo acompañado polo secretario do PP de Pontevedra, Luis López.