Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • “A cerrazón de Carmela Silva é un prexuízo para os pontevedreses”

    “Non lle interesan os veciños de Lourizán nin de Pontevedra”,

    • O presidente local do PP e portavoz municipal lamenta a actitude da presidenta da Deputación contra Pontevedra con respecto á inversión no Pazo de Lourizán.
    • “Debería deixar a un lado o seu interese partidista e valorar a oportunidade que se está a brindar a Pontevedra”.

     

    Pontevedra 22, outubro, 2016.- O presidente local do PP de Pontevedra e portavoz municipal no Concello, Jacobo Moreira, lamentou este sábado “a actitude ditatorial de Carmela Silva ao querer excluír a Ence da reunión para falar sobre a inversión de 5 millóns de euros que a empresa quere realizar no Pazo de Lourizán”. “Estamos aquí para escoitar a todos, máxime cando a proposta é beneficiosa para toda a cidade. Non se entende cun político rexeite a presenza dunha empresa nunha reunión, cando esta empresa vai realizar un importante investimento para rehabilitar un edificio tan emblemático como o Pazo de Lourizán e para a creación dun novo centro de I+D forestal”, destacou.

    “Cada paso que da a presidenta da Deputación contra Pontevedra, corrobora a súa falta de interese polos veciños desta cidade” sinalou, “Carmela Silva debería deixar a un lado o seu interese partidista e valorar a oportunidade que se está a brindar a todos os pontevedreses”.

    “O noso obxectivo é que Ence devolva a Pontevedra todo o que Pontevedra lle ofreceu durante este anos, así o marcamos dende un principio”, lembrou, “é lamentable que Carmela Silva opte por pechar a porta en lugar de ver os beneficios que traerá consigo este compromiso cara a todos os veciños de Pontevedra”. “Coa súa cerrazón demostra que os veciños de Pontevedra e de Lourizán non lle importan nada en absoluto”, sentenciou.