O PP do Salnés reclama máis apoio económico para os pequenos e medianos concellos nos orzamentos provinciais de 2017

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP do Salnés reclama máis apoio económico para os pequenos e medianos concellos nos orzamentos provinciais de 2017

    Nunha reunión celebrada entre Alfonso Rueda, deputados provinciais e voceiros desta comarca.

    • Insisten en que a mellor opción do reparto dos fondos provinciais é crear unha comisión na que estean representados todos os  concellos e na que se discuta un modelo máis equitativo.
    • Os alcaldes populares critican que co bipartito os pequenos e medianos concellos reciben menos fondos, porque o apoio da Deputación céntrase en Vigo e Pontevedra.

     

    Cambados, 19 de outubro de 2016.- Os deputados do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, Luis Aragunde e Salomé Peña, reuníronse cos voceiros do PP da comarca do Salnés co obxectivo de escoitar as súas primeiras impresións e prioridades de cara a traballar nas propostas que o grupo provincial presentará nos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano próximo. No encontro, ao que tamén acudiron o presidente provincial, Alfonso Rueda, e o secretario do partido, Jose Manuel Cores Tourís, alcaldes e voceiros subliñaron a importancia de reclamar a Carmela Silva maior apoio económico para os pequenos e medianos concellos da provincia de cara a 2017.

    Neste sentido, queixáronse que mentres este ano estes concellos recibiron menos fondos, todos os esforzos de Carmela Silva centráronse nas dúas grandes cidades da provincia, Vigo e Pontevedra, e concretamente en dar resposta aos  temas que o alcalde de Vigo deixa e ordena, sinalou a voceira do grupo, Nidia Arévalo. Pola contra, os pequenos e medianos concellos recibiron “un plan para todo, un engano improvisado no que quixeron meter absolutamente todo”, engadiu.

    Os populares insistiron en que ademais de recibir menos fondos que anos anteriores,  tamén se perderon moitos dos servizos que se estaban prestando desde a Deputación de Pontevedra. Así, apuntaron que a día de hoxe o Parque de Maquinarias está infrautilizado, non colaboran coa limpeza de praias, as estradas provinciais están desatendidas, a Deputación xa non está ao lado das asociacións culturais, dos colectivos veciñais e das entidades sociais, como tampouco apoia ás escolas de música nin conservatorios… Por iso, os deputados do PP tamén seguirán reclamando que no próximo documento se inclúan todos estes servizos.

    Ademais, criticaron que neste ano faltaron grandes proxectos da Deputación de Pontevedra para os sectores estratéxicos do Salnés, como por exemplo os sectores turístico e vitivinícola, e que hai proxectos moi importantes para os concellos da comarca que continúan paralizados. Nidia Arévalo explicou aos alcaldes e voceiros que, despois de moito criticalo, Carmela Silva retoma a libre disposición agochada baixo o nome de convenios. Así, apuntou que no último pleno provincial aprobáronse máis de 1 millón de euros para que a presidenta asine convenios comprometidos cos concellos nas súas visitas, e na última xunta de goberno provincial aprobaron dous campos de fútbol de herba sintética para Pontevedra por máis de 1,5 millóns de euros.