O Pazo de Lourizán, o pacto ambiental e a distribución dos fondos da Deputación centraron a reunión de Alfonso Rueda cos deputados provinciais

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Pazo de Lourizán, o pacto ambiental e a distribución dos fondos da Deputación centraron a reunión de Alfonso Rueda cos deputados provinciais

     

    Pontevedra, 18 de outubro de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión cos deputados do Grupo Provincial do Partido Popular nas instalacións que os populares teñen asignado no Pazo Provincial.

    A visita foi comunicada previamente á titular da Deputación como en anteriores ocasións e na xuntanza o líder provincial dos populares na provincia trasladoulle aos seus compañeiros a posición da Xunta con respecto ao Pazo de Lourizán, o pacto medioambiental e o parque de bombeiros ademais de tratar outros temas como a proposta que os populares lle presentaron ao Goberno Provincial hai uns meses para redistribuír os fondos na provincia.

    Alfonso Rueda explicou que hoxe mesmo enviouselle unha carta á presidenta da Deputación, asinada por el mesmo e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, na que propoñen unha reunión cos máximos responsables de Ence para que expliquen a Xunta e Deputación as condicións para rehabilitar o Pazo de Lourizán e resolvan todas as dubidas que puideran xorder.

    Os populares insistiron ademais na necesidade de unha reunión de todos os alcaldes da provincia do Grupo de Goberno de Deputación para acordar entre todos unha nova distribución dos fondos provinciais.

    O presidente provincial considera que sería importante a implicación da Deputación neste asunto así como na distribución dos fondos do pacto medioambiental, xa que ata o momento, só se escoitaron da voz de Carmela Silva as súas descualificacións habituais.

    Rueda falou tamén da xestión do parque de bombeiros, xa que a Xunta segue pendente de recibir a proposta da Deputación, 6 meses despois, e a pesar de que se comprometeron a pasar toda a documentación no prazo de un mes.