Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo provincial do PP esixe a Carmela Silva que cumpra cos seus compromisos e urbanice a estrada do Viso

    • Os deputados populares critican que a un mes de que expire a vixencia do convenio aínda non se sabe nada.
    • Recordan que o proxecto asinado entre o anterior goberno provincial e o Concello de Cangas contemplaba 1,1 millóns de euros para seguridade vial e servizos.

     

    Cangas, 15 de outubro de 2016.-O grupo provincial do Partido Popular denuncia que a un mes de que expire o convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas para urbanizar a estrada EP-1005 Viso-Hío, aínda non se sabe nada nin da licitación do proxecto, nin moito menos da súa execución. Por iso, no próximo pleno provincial da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o venres 28, o PP esixirá a Carmela Silva que cumpra cos seus compromisos e licite, con urxencia, o proxecto para poder executalo canto antes.

    Os voceiros do grupo, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, acompañados polo tamén deputado provincial e presidente local do partido, Jose Enrique Sotelo, visitaron esta mañá esta estrada provincial. Nidia Arévalo denunciou que “Carmela Silva, unha vez máis, está incumprindo con Cangas e coa provincia”, e recordou que a presidenta da Deputación comprometeuse na súa primeira visita ao concello a executar este proxecto e comezar a obra, se daba tempo en 2015, e do contrario, en 2016.

    “Desde entón, pasou máis de un ano e seguimos esperando que haxa algún movemento”, denunciou o deputado Jose Enrique Sotelo, que salientou que o proxecto asinado entre o Concello de Cangas e o anterior goberno provincial contemplaba 1.050.958,27 euros para mellorar e garantir a seguridade vial da estrada e instalar os servizos de recollida de augas pluviais, unha tubaxe de abastecemento así como iluminación e outras redes e infraestruturas de telecomunicacións e de electricidade.

    Nesta liña, engade que na actualidade a EP-1005 atópase nun avanzado estado de deterioro no tramo que vai do Viso ó Hío. A vía non ten beirarrúas en ningunha das marxes e soporta un intenso tráfico de vehículos, o que dificulta a circulación dos peóns. Así mesmo, existen varios estreitamentos moi pechados e pegados á calzada que incrementan a súa perigosidade.

    Pola súa parte, o voceiro Ángel Moldes, recorda que esta obra xa tiña que estar executada. Entende que con este proxecto, o bipartito está facendo exactamente o mesmo que con todos os que deixaron en marcha os populares, intentar retrasalos o máximo posible para desvincular ao PP. Neste senso, lles recorda que con esa actitude, os únicos prexudicados son os veciños. Por iso, os deputados populares esixen ao goberno provincial que comecen a tomarse en serio a Deputación, para dar resposta e solucións aos problemas da cidadanía da provincia.