11, xaneiro, 2022. O grupo provincial do Partido Popular lamenta “o derradeiro capítulo de confrontación” da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, coa Xunta de Galicia a costa de FITUR na que “vai perder o sector turístico da provincia”. A deputada Pepa Pardo critica que “están desprezando unha plataforma inmellorable e gratuíta para a Deputación, na que promocionar e abrir as portas da provincia, a cambio dun espazo que, a estas alturas, aínda non se sabe nin cal é, nin canto vai a custar... E todo porque Carmela Silva o que non quere é que a Xunta dispoña de cinco dos 37 asentos no seu propio stand de Fitur 2022”.
Así, di que “esta decisión enténdese mellor recordando que xa na edición do ano pasado, Carmela Silva protagonizou un espectáculo bochornoso na feira ao intentar botar fóra do stand galego á delegada da Xunta en Vigo, como así o amosan as imaxes gravadas ese día”.
“Unha vez máis a Deputación de Pontevedra volve a ser a única administración de toda Galicia que volve a poñer por diante a confrontación para romper a unidade”, engade.
Ademais, a deputada popular tamén pregunta á socialista si “comparte a opinión do alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre o Xacobeo e o Camiño”, tras as declaracións que realizou onte cuestionando a súa importancia desestacionalizadora e para a recuperación. “Outro exemplo e máis escusas para confrontar co Goberno galego”, e sinala que “non escoitamos as mesmas críticas cando a Deputación vendeu en Fitur as excelencias do Camiño pola Costa”. Un feito que segundo a popular, “evidencia as intencións reais” do alcalde vigués.