Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda censura que Carmela Silva continúe sen dar explicacións un mes despois de ratificarse a condena do enchufe da súa cuñada

    • Considera que perdeu “unha magnífica oportunidade” no pleno que se celebrou onte en Vigo.
    • “Ela, que tanto lle gusta pedir explicacións a todo o mundo, segue calada. Será porque ten moito que ocultar”, sinala.
    • Recorda que é un caso moi grave de corrupción polo que aínda ninguén asumiu responsabilidades políticas.

     

    6, xaneiro, 2022. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, censura que Carmela Silva continúe calada e sen dar explicacións un mes despois de que o Tribunal Supremo ratificase a condena de cinco anos de cárcere a un alto funcionario do Concello de Vigo por idear unha trama de contratos irregulares cunha empresa adxudicataria municipal para enchufar á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde do Goberno local, que cobrou 108.000 euros por traballos que non fixo.

    “Carmela Silva tivo no pleno extraordinario unha magnífica oportunidade, despois de un mes de silencio atronador, para explicar por que unha persoa vai ir ao cárcere condenada por enchufar á súa cuñada, pero preferiu seguir calada no Concello de Vigo, escondéndose detrás de López Font que, por certo, tampouco deu unha soa explicacións sobre que opinión lle merece ao Goberno local toda esta trama, e tamén bloquea a celebración de un pleno extraordinario na Deputación de Pontevedra escondéndose, de novo, detrás de funcionarios”, critica.

    Por iso, lamenta que “vaia acumulando días sen aclarar esta situación e contestar todas as dúbidas que ten a cidadanía. Temos que crer que é unha casualidade que a única beneficiada economicamente de toda esta trama sexa, precisamente, a familiar de Carmela Silva e non unha persoa calquera? Ela, que tanto lle gusta pedir explicacións a todo o mundo, segue calada. Será porque ten moito que ocultar?”, sinala.

    Rueda recorda que é un caso moi grave de corrupción polo que aínda ninguén asumiu responsabilidades políticas no Goberno local de Vigo. “A cidadanía merece explicacións, e non políticos que se esconden detrás de funcionarios. O PSOE de Vigo négase a dar explicacións, pero desde o PP seguiremos reclamándoas por dignidade, por ética e por responsabilidade política”.