Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP pide unha solución definitiva para os graves problemas da auga na Caeira e outros lugares de Poio

    • Ángel Moldes traslada as denuncias de veciños da Caeira, como as rúas río Miño e San Antoniño, con dúas roturas da rede de abastecemento en apenas 100 metros e avarías constantes no último ano, que se une a problemas semellantes noutros lugares como Boavista, a Avda. San Xoán, Lourido e á ausencia absoluta de auga en zonas como Fragamoreira ou Vilariño, polo que anuncia unha moción “para dar unha solución urxente e definitiva aos miles de veciños sen auga ou cun servizo lamentable”.
    • “Non pode ser que, a piques de comezar 2022, e pagando a auga máis cara da comarca, coa maior débeda da provincia e con algúns dos impostos máis altos de Galicia, haxa tantos veciños de Poio que non se poden duchar polas mañás, ter auga para facer a comida, sufran cortes e averías constantes ou directamente non teñan auga nin saneamento nas súas casas”.
    • Moldes lamenta a falta de proxecto dun Tripartito incapaz de exercer as súas competencias, dar servizos básicos ou solucionar os problemas dos veciños, e esixirá a BNG, PSOE e Avante Poio que expliquen por que seguen sen aprobar un novo contrato da auga cando o actual leva caducado desde 2017: “Ese sería o instrumento idóneo para resolver estes problemas, pero o Tripartito non o saca porque agocha outra subida de impostos”.

     

    28 de decembro de 2021. O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, visitou esta mañá as rúas Río Miño e San Antoniño, na Caeira, onde nos últimos días producíronse dúas roturas da rede de suministro en apenas cen metros, e trasladou as queixas de decenas de afectados nesta zona que están a sufrir de novo cortes de auga e constantes avarías.

    Moldes subliñou que o que sofren estes veciños é un problema común que afecta de xeito sistemático a máis de mil veciños en varios lugares de Poio como Boavista, a Avda. San Xoán, a Seara, Lourido... ou á falta absoluta de auga e saneamento en núcleos como Fragamoreira ou Vilariño.

    O voceiro popular, que visitou a zona xunto á concelleira Rocío Cochón, recordou que, só no relativo á problemática desta veciñanza, o Grupo Municipal do PP elevou rogos e preguntas aos órganos municipais a problemática desta zona ata en cinco ocasións no último ano, xa que só a rúa río Miño e San Antoniño suman unha decena de avarías graves desde que comezou a pandemia, con cortes de subministro e incluso danos nas vivendas e asolagamentos en baixos e garaxes e todo tipo de trastornos.

    Ademais, o estado das tubaxes nesta e outras zonas do Concello fai que os rebentóns e cortes de auga sexan constantes, con vivendas sen servizo, a veces, durante 24 horas: “Son centos de veciños que, de cada mes, pasan unha semana sen auga nas casas”. Por iso o PP solicitou en numerosas ocasións que se substitúa a rede de subministro algo ao que o Tripartito se nega sistematicamente.

    Por ese motivo, Moldes anunciou a presentación dunha moción para o próximo Pleno na que solicitarán unha solución urxente aos problemas de abastecemento que sofren estes veciños, e que se proceda a substituir a rede de abastecemento nas zonas máis afectadas como A Caeira e Boavista, a Avda. San Xoán, A Seara ou Lourido, e que se tomen medidas para dotar de auga a lugares como Vilariño ou Fragamoreira.

    En definitiva, Moldes quere que o Concello actúe “para dar unha solución urxente e definitiva a tantos lugares sen auga ou cun servizo lamentable” despois de 26 anos de gobernos do BNG xunto ao PSOE e o actual Tripartito, “dúas décadas e media de gobernos incapaces de dar servizos básicos a miles de veciños”.

    DESPOIS DE 26 ANOS GOBERNANDO OS MESMOS, OS VECIÑOS DE POIO TEÑEN A DÉBEDA MÁIS ELEVADA, A AUGA MÁIS CARA E OS IMPOSTOS MÁIS ALTOS E PEOR SERVIZO

    Moldes lamentou que “ a piques de comezar 2022, e pagando a auga máis cara da comarca, coa maior débeda da provincia e con algúns dos impostos máis altos de Galicia, haxa tantos veciños de Poio que non se poden duchar polas mañás, ter auga para facer a comida, sufran cortes e averías constantes ou directamente non teñan auga nin saneamento nas súas casas”.

    Moldes destacou ademais que o Concello non pode botar balóns fóra cara a outras administracións, xa que “son os únicos responsables”, xa que a auga e o saneamento son competencias municipais, e despois de 26 anos “a quen lle van botar a culpa? A verdade é que BNG, PSOE e Avante Poio son os únicos culpables que haxa máis de mil veciños sen ningún tipo de abastecemento de auga e outros tantos que sofren cortes, roturas ou inundacións cada semana?”

    “Lamentablemente, o Tripartito é completamente incapaz de dar servizos básicos nin solucionar os problemas do día a día dos veciños de Poio”, explicou Moldes, que indicou que “se existise ilusión ou capacidade de xestión, xa estaría aprobado un novo contrato da auga, que pode ser o instrumento para mellorar estas infraestruturas, ou simplemente estarían traballando pouco a pouco en solucionar os problemas dos veciños”, pero pasan os meses e os anos e o Goberno de Poio é incapaz de facer outra cousa que subir impostos, subir a débeda e subirse os soldos.

    “É urxente unha renovación da rede e facer chegar os servizos básicos a lugares que non os teñen, e por iso solicitaremos tamén que o Tripartito se poña a traballar xa no novo contrato da auga, xa que o actual está caducado desde 2017 e vai na quinta prórroga”, indicou Moldes, “Cal é o motivo de non aprobalo ata agora? Que están escondendo? Unha nova subida de impostos? Os veciños merecen saber por que o Tripartito é incapaz de poñer en marcha uns servizos dignos en pleno século XXI”.