Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Rueda reúnese co PP de Vilagarcía para coñecer o seu calendario de traballo para os próximos meses

    • Elena Suárez, Ana Granja, Raúl Santamaría e Juan Andrés Bayón serán os encargados de poñer en marcha a nova xestora do PP local, a finais de xaneiro.
    • Márcanse como obxectivo dar a coñecer á persoa candidata ás municipais de 2023 cun ano de antelación.

     

    28, decembro, 21.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse onte pola noite co Partido Popular de Vilagarcía para coñecer o seu calendario de traballo de cara os próximos meses. No encontro, no que tamén participaron o secretario xeral provincial, Luis López, e o coordinador na comarca do Salnés, Javier Tourís, acordaron que a deputada autonómica Elena Suárez; a voceira do grupo municipal Ana Granja; Raúl Santamaría, membro da executiva do PP provincial, e Juan Andrés Bayón, serán os encargados de poñer en marcha a nova xestora do PP local a finais de xaneiro. Ademais destas catro persoas, o obxectivo é incorporar ao novo órgano persoas novas pero tamén perfís con experiencia no partido e na política local.

    Ademais, tamén marcaron como obxectivo nomear á persoa candidata ás Municipais de 2023 cun ano de antelación, con tempo suficiente para dar a coñecer o seu equipo e o seu proxecto para a cidade.

    Rueda destaca que quedan por diante meses de moito traballo, de reforzar aínda máis toda a labor que o PP de Vilagarcía leva facendo durante este tempo, e para iso é fundamental aumentar o equipo e incorporar persoas novas. Incidiu en que non significa prescindir de ninguén, senón ensanchar a base para seguir sumando.

    “Temos moito traballo por diante. O PP en Vilagarcía non se detivo en ningún momento, pero queda ano e medio para a vindeira cita electoral e temos que intensificar o noso traballo para recuperar a confianza de todo o noso electorado”, sinala.