Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Rueda: “nesta nova etapa do PP en Vigo é fundamental traballar unidos, reconstruír o partido e centrarse no futuro”

    20, decembro, 21.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde o último comité de dirección deste ano, no que valorou moi positivamente o transcurso do primeiro dos congresos locais que se van a celebrar nos próximos meses, neste caso na cidade de Vigo.

    Rueda subliñou que “os afiliados son os que falan e deciden co seu voto”, e pediu á nova presidenta local, Marta Fernández-Tapias, que “desde este momento todos, sen excepción, remen xuntos no mesmo equipo, que é o Partido Popular, e na mesma dirección, cos mesmos ideais e obxectivos”. Así, recordou que “nesta nova etapa do PP en Vigo é fundamental traballar unidos, reconstruír o partido e centrarse no futuro. Os problemas se resolven con diálogo, é unha das razóns polas que seguimos sendo o partido maioritario de Galicia”.

    Así, recorda que “hai moito traballo por diante no PP de Vigo para recuperar o voto perdido nas municipais. Este congreso era o revulsivo que necesitaba o PP para volver a ser o que era, para que os vigueses recuperen o orgullo de ser do Partido Popular”.

    Durante o comité de dirección, Rueda tamén agradeceu o traballo feito durante o último mes polos membros da Comisión Organizadora do Congreso, así como polos membros da Mesa do Congreso, e de todas as persoas que fixeron posible que o sábado se celebrase o congreso “nun clima de normalidade e total transparencia”.

    Tras Vigo, nos próximos meses celebraranse cónclaves locais en Pontevedra, Cuntis, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Tui, Redondela, Dozón, Agolada e Forcarei, para os que aínda no hai datas. “Estamos a ano e medio das próximas eleccións municipais, polo que é momento de renovar e fortalecer as estruturas locais do partido, con tempo suficiente para crear equipos, mobilizar aos afiliados e simpatizantes e, sobre todo, saír á rúa para escoitar o que precisan e esperan de nós”, sinala.