Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Información sobre o 19º Congreso do PP de Pontevedra

    Información sobre o 19º Congreso do PP de Pontevedra

    Congreso Extraordinario Provincial, 9 de xullo de 2022

    A Xunta Directiva provincial celebrada o 8 de xuño en Pontevedra acordou a convocatoria do 19º Congreso Extraordinario do PP de Pontevedra, que se celebrará o 9 de xullo.

    Ademais, tamén se pecharon outros detalles como o número de compromisarios e os integrantes da Comisión Organizadora.

     

    Composición do Comité Organizador do 19º Congreso (COC):

    Presidente 

      

    Alberto Pazos

    Vicepresidenta  

      

    Ana Cristina Pérez

    Secretaria

      

    Marta Mariño

    Vogais

      

    Silvia Junco

     

      

    Juan Andrés Bayón

     

    No 19 Congreso do PP de Pontevedra participarán un total de 690 compromisarios, dos que 552 son electos -17 deles integrantes de NNXX- e 138 son natos, entre os que se inclúen os membros da Xunta Directiva provincial e os integrantes da COC.

     

    INSCRICIÓN NO CONGRESO

    Para a participación no proceso congresual e poder votar ao candidato/a á presidencia do PP de Pontevedra e aos candidatos a compromisarios, é imprescindible estar inscrito no Congreso.

    Na medida en que moitos afiliados xa realizaron o proceso de inscrición aos Congresos de ámbito nacional e autonómico, e co obxectivo de simplificar o procedemento e garantir a participación, consideraranse automaticamente inscritos aqueles afiliados que xa o estiveran no XX Congreso Nacional do PP e/ou no 18º Congreso do PP de Galicia.

    Aqueles afiliados que non tomasen parte en ditos congresos, poden realizar a inscrición ata o 23 de xuño cumprimentando o formulario de inscrición e presentándoo presencialmente na sede provincial ou por correo electrónico.

    Ademais, os afiliados que queiran inscribirse como participantes no proceso electoral e como compromisarios poden facelo, cumprimentando o correspondente formulario e entregándoo na sede provincial ata o 24 de xuño.

     

    PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS

    Desde o xoves 16 e ata o luns 20 de xuño, os afiliados que desexen optar á presidencia do partido poden presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada de 75 apoios. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de oito días, entre o 22 e o 29 de xuño.

    ______________________

    FOLLA DE APOIO A PRECANDIDATO (descargar aquí)

    FORMULARIO DE INSCRICION ELECTOR (descargar aquí)

    FORMULARIO COMPROMISARIO (descargar aquí)

    ______________________

    REGULAMENTO DO CONGRESO (descargar aquí)

     ______________________

    PROCLAMACIÓN DE PRECANDIDATURA (descargar aquí)

     ______________________

    Acuerdo C.O.C. (descargar aquí)