Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O Goberno de Pedro Sánchez, co seu proxecto de orzamentos 2022, volta a rirse de todos os caldenses

    • Fernando Pérez indica que tras revisar o proxecto de orzamentos para o ano 2022 do goberno central do Partido Socialista e Podemos poido comprobar como para Caldas de Reis non se consigna nin un só euro.
    • Por elo os deputados do Partido Popular en Madrid veñen de presentar dúas emendas para que se dote unha partida orzamentaria para a variante Oeste e outra para a ponte peonil sobre o río Umia alternativa a da Ferrería.
    • O Goberno municipal socialista permite este maltrato o noso Pobo co seu cómplice silencio e demostra que cando non goberna o PSOE non conseguen porque os castigan e cando gobernan e porque antepoñen o partido os intereses dos e das caldenses.
    • O BNG que dou o seu apoio a Pedro Sánchez para que fora presidente é agora presenta emendas ca boca pequena.

     

    15, novembro, 21.- O Partido Popular ven de presentar dúas emendas en Madrid o proxecto de orzamentos do goberno do España de Pedro Sánchez, concretamente as 1.742 e 1.743 polas que se pide a creación de dúas partidas orzamentarias que non existen nin se dotan, concretamente una para o inicio da tan necesaria e demanda Variante Oeste de Caldas de Reis e outra para a construción dunha ponte peonil sobre o Umia alternativa a ponte da Ferrería, tamén moi necesaria, especialmente se o centro de saúde se constrúe na zona da Avenida de Pontevedra, co cal o aumento de peatóns que precisarán cruzar o Umia vai a ser moi relevante.

    No caso da ponte peonil o Alcalde na última campaña electoral das municipais anunciou esta actuación como un feito inminente e agora nin un só euro.

    Estas dúas infraestruturas son fundamentais para conseguir una redución da presión do tráfico no centro do casco urbano e para o incremento da seguridade dos peatóns. Sen Variante Oeste a densidade de vehículos en Caldas de Reis seguirá sendo un pesadelo.

    O último orzamento do Estado que contemplaba partida para a Variante Oeste foi o do 2018, e dicir, un orzamento do Partido Popular do entón Presidente do Goberno Mariano Rajoy, ca chegada de Pedro Sánchez a presidencia eliminouse todo rastro de estes investimentos tan urxentes.

    O goberno municipal socialista de Caldas de Reis unha vez mais garda un silencio cómplice e demostra que é moi belixerante só contra gobernos do Partido Popular pero cando goberna o PSOE antepón o partido os intereses dos caldenses e cala, así está o noso Pobo, abandonado.

    Estamos seguros de que os deputados socialistas votarán en Madrid a favor de estas dúas emendas presentadas polo Partido Popular en defensa de Caldas de Reis, de non ser así é evidente que o goberno de Pedro Sánchez castiga o goberno municipal socialista de Caldas de Reis, e polo tanto, o equipo de goberno do noso Pobo esixirá publicamente a rectificación do goberno socialista e podemita de España.

    Pero tamén responsabilizamos o BNG que ten representación no Parlamento do Estado, primeiramente porque non presentou ningunha moción sobre estas dúas reclamacións tan importantes, e en segundo lugar porque Pedro Sánchez e Presidente do Goberno de España gracias o apoio do BNG, entre outros, en Madrid a súa moción de censura e polo tanto era de esperar que en defensa dos caldenses, que somos galegos, tivera posto enriba da mesa como unha esixencia o seu apoio estas dúas infraestruturas, como mínimo, é evidente que non se pode dar o apoio e logo criticar, ou se está a favor ou en contra, pero non apoio e logo calar.