O PP denuncia que a Deputación incumpre a nova Lei de procedemento administrativo

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que a Deputación incumpre a nova Lei de procedemento administrativo

    • Ángel Moldes critica que “a pesar de ter un ano para adaptarse, o bipartito non se esforzou para ofrecer á cidadanía todos os servizos e dereitos que esta nova lei ofrece”.
    • Sinala que non garante que as comunicacións e notificacións sexan tramitadas por medios electrónicos, nin se asiste aos cidadáns no uso destes medios, como tampouco se presta este servizo aos concellos de menos de 20 mil habitantes.

     

    Pontevedra, 08 de outubro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación de Pontevedra está incumprindo a nova Lei de procedemento administrativo común, que entrou en vigor o pasado 2 de outubro. O voceiro do PP, Ángel Moldes, sinala que “a pesar de ter un ano para adaptarse, o bipartito provincial non se esforzou para ofrecer á cidadanía todos os servizos e dereitos que esta nova lei ofrece”, e critica que o grao de cumprimento a día de hoxe é só do 50%, cando debería ser do cento por cen.

    Recorda o popular que esta nova lei regula as relacións externas entre a Administración e os cidadáns e pretende implantar unha administración totalmente electrónica, interconectada e transparente, mellorando así a axilidade dos procedementos administrativos e reducindo os tempos de tramitación.

    Ángel Moldes explica que “esta lei entrou en vigor un ano despois da súa publicación para que as Administracións tivesen tempo para adaptarse sen problemas, e en tempo e forma, a esta nova regulación”. Así, recorda que esta lei se publicou o 2 de outubro de 2015, pero non entrou en vigor ata o 2 de outubro deste ano.

    O voceiro popular entende que con estes tempos, “resulta evidente que a Deputación non traballou con seriedade para garantir o cumprimento da lei e, polo tanto, tampouco por ofrecer aos cidadáns os servizos e as melloras que ofrece”.

    Engade, por exemplo, que calquera cidadán ten o dereito, recoñecido por lei, de que as comunicacións e notificacións que se lle practiquen sexan realizadas por medios electrónicos ou que cando presente unha solicitude presencialmente no rexistro de entrada provincial, sexa tramitada na súa totalidade por medios electrónicos, levándose xa no momento da presentación o orixinal da solicitude e podendo acceder ao expediente por estes medios en calquera momento. “Pero actualmente isto non é posible na Deputación de Pontevedra”, engade o voceiro do PP.

    O popular destaca ademais que “a Deputación de Pontevedra ten a obriga de prestar asistencia no uso de medios electrónicos aos cidadáns, un dereito que esta nova lei ofrece e que hoxe a Deputación de Pontevedra tampouco está ofrecendo”.

    Outro dos exemplos que sinala Ángel Moldes é que as deputacións, conforme á lexislación actual (artigo 36.g da Lei de Bases de Réxime Local) teñen encomendada a competencia de prestar os servizos de administración electrónica nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes, “e nos consta que, a día de hoxe, aínda non se empezou a prestar estes servizo nos concellos correspondentes da nosa provincia”.