Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SILLEDA PIDE MÁIS SEGURIDADE NA OBRA DA RÚA PROGRESO

     

    Silleda, 11 de outubro de 2021.- As obras que se estan levando a cabo na Rúa Progreso mostran as carencias en materia de seguridade, coa existenciad e zonas con desniveis e co firme en reparación que non se encontran delimitadas por ningún tipo de sinalización, o que aumenta os riscos tanto para os peóns como para os propios vehículos que circulan por esta rúa.

     

    Estes problemas de seguridade afectan a unha das zonas máis sensibles desta rúa, que é a máis próxima o CEIP e a Galiña Azul, xa que neste punto producese un estreitamento da rúa que non esta sinalizado e xera moitos problemas sobe todo nas horas de entrada e saída dos centros educativos pola maior intensidade do tráfico.

    Por todo elo, dende o Partido Popular solicitaron que se mellore a seguridade neste punto, “É preciso reforzar a seguridade para evitar problemas como levamos visto nos último días, nos que os vehículos xa tiveron algún incidente coas vallas que delimitan as obras polo estreitamento que se produce nalgún punto da rúa, e sobre todo nos lugares onde se encontra traballando a maquinaria máis pesada xa que xa se produceu algunha situación moi perigosa con algún peón, por eso lle pedimos o concello e a empresa que se mellore a seguridade da obra cunha axeitada sinalización e co aseguramento das zonas máis perigosas.”.

    O voceiro popular, Ignacio Maril, lamentou a improvisación ca que se ven facendo todo nesta obra, “Non entendemos o que estan a facer dende o Concello, xa que non hai ningún tipo de planificación nin de xestión. Xa o vimos o comezo da obra e despois coa falta de iluminación da rúa que finalmente tiveron que correxir polas nosas peticións, e agora co tema da seguridade estamos na mesma situación. Unha de dúas, ou non se enteran de nada, ou lles da todo igual, por que si non non se entende que non fagan absolutamente nada en cuestións tan básicas para o bo desenvolvemento da obra e da seguridade e comodidade dos veciños.”.

    Dende as filas populares pedíronlle unha vez máis o Alcalde Manuel Cuíña un pouco de control sobre esta obra “Pedímoslle o señor Cuíña, que de unha vez por todas deixe de mirar polos intereses da empresa, e que empece a mirar un pouco máis polos intereses e a seguridade dos veciños, que é por quen ten que preocuparse.”.