Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP de Cuntis esixe ao Goberno local a renovación do saneamento e demais servizos da rúa do Convento

    • Sería unha aberración e falta de responsabilidade mellorar a rúa na superficie sen solucionar os graves problemas que presentan certos servizos como o saneamento, de competencia municipal”, sinala Isabel Couselo.
    • Acusan ao alcalde de intentar enganar aos veciños culpando ao Goberno galego das responsabilidades e competencias do Goberno local.
    • Propoñen que reclamen axuda á Deputación, que ten entre as súas competencias a coordinación da prestación de servizos de abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais en municipios con poboación inferior a 20 mil habitantes.

     

    12, outubro, 21.- O Partido Popular de Cuntis esixe ao Goberno local que se poña a traballar “xa” para xestionar e dar pasos cara adiante na mellora dos servizos da rúa do Convento. Para a voceira popular, Isabel Couselo, “sería unha aberración e unha falta de responsabilidade mellorar a rúa en superficie sen solucionar as graves deficiencias que presentan certos servizos como o saneamento, de competencia municipal. Sería poñer un parche superficial sen tratar o problema de raíz”.

    Por este motivo, os populares xa expuxeron no último pleno municipal a precariedade que presentan as canalizacións e instaron ao grupo socialista a poñerse as pilas e traballar xa. “O primeiro é mellorar o saneamento e demais servizos, e logo tocará a humanización da rúa”, reclaman.

    Ademais lamentan as declaracións publicadas nos medios de comunicación por parte do alcalde, nas que manifesta textualmente que “no caso de que non haxa resposta a finais de ano por parte da administración autonómica, o Concello de Cuntis redactará o proxecto de mellora da rúa". Couselo critica que se intente culpar ao Goberno galego das responsabilidades e competencias do Goberno local, intentando enganar aos veciños e desviando o foco de quen ten competencias reais sobre esta situación. “Tampouco o Concello pode facer obras na casa do veciño, ou redactar proxectos e facer obras en estradas provinciais, autonómicas ou estatais”, explica.

    Ademais, propón que si o Concello de Cuntis non ten cartos, dada a situación económica municipal e os centos de facturas de empresas e autónomos que ten sen pagar –moitas delas desde hai anos e que suman 800.000 euros- “ben pode pedir axuda á Deputación de Pontevedra, que é a administración local que debe apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia alí onde eles non chegan”. Neste senso, recorda que as deputacións provinciais teñen entre as súas competencias a coordinación, entre outros, da prestación de servizos de abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais en municipios con poboación inferior a 20 mil habitantes.