Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular desbloquea o saneamento nos lugares de Reguengo, na parroquia de Godos, e de Paradela, en Bemil

    • O investimento ascende a preto de 590.000 euros (187.000 euros na parroquia de Godos e 403.000 euros no lugar de Paradela de Bemil).
    • Fernando Pérez agradece o compromiso do Goberno galego para que estes saneamentos integrais sexan unha realidade pronto e que os veciños dispoñan dun servizo reclamado desde hai máis de 30 anos e cuxa construción é unha competencia municipal.

     

    1, outubro, 21.- Os Partido Popular de Caldas de Reis acaba de recibir o compromiso da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia o compromiso para dotar, mediante a sinatura dun convenio co Concello de Caldas de Reis, da rede de saneamento integral aos lugares de Reguengo, na parroquia de Godos, e de Paradela, en Bemil. Este compromiso chega despois do intenso traballo realizado nas últimas semanas polo grupo municipal popular, e tras moitas xestións con diferentes departamentos tanto do Goberno autonómico como do propio Concello, e que permiten desbloquear un proxecto básico e moi importante para os veciños, que levan reclamando desde hai máis de 30 anos.

    O voceiro Fernando Pérez lembra que o saneamento é un servizo básico ao que teñen dereito todos os caldenses e que a lei establece claramente que a recollida e depuración das augas residuais é competencia exclusivamente municipal, e neste caso os veciños levan máis de tres décadas pedindo esta infraestrutura sen que o equipo de goberno atendese a súa lexítima demanda. “Por iso, ante a inacción do Goberno local, que nin reserva fondos propios nin reclama colaboración da Deputación de Pontevedra, que é a administración que debe dar resposta a onde non chegan os pequenos e medianos concellos da provincia, o Goberno galego asume o compromiso cos veciños de Caldas”.

    Por iso, os populares destacan “a  predisposición” da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e da Directora de Augas de Galicia, María Teresa Gutiérrez, “para atopar o camiño adecuado e levar a cabo estas obras que ascenden a aproximadamente a 590.000 euros”, dos que 187.000 euros sería para o proxecto de Godos e 403.000 euros para Paradela de Bemil.

    Fernando Pérez pon en valor tamén o traballo dos concelleiros José Acha, de Godos, e Sara Martínez, de Bemil, “porque a súa persistencia e preocupación por atender as demandas dos seus veciños van a permitir que isto pronto sexa unha realidade, e demostra que os concelleiros do Partido Popular sempre traballamos duro na defensa dos dereitos dos nosos veciños”.

    Por último, din que “agora é fundamental que o equipo de goberno do Concello de Caldas de Reis cumpra os acordos da moción urxente do Partido Popular aprobada onte no Pleno, sen ningún voto en contra, e cos votos a favor do Grupo Popular e do Grupo Socialista do Goberno Municipal a prol de este convenio, e por elo, axilice os trámites iniciais que son da súa exclusiva competencia”.