Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa ao bipartito de agochar máis de 1 millón de euros de libre disposición da presidenta baixo o nome de convenios

    • “Como sempre, o tempo dá e quita razóns, e hoxe con esta modificación de crédito amósase que unha vez máis, a presidenta di unha cousa e fai xustamente a contraria”, critica Nidia Arévalo.
    • “É a libre disposición da presidenta para dar resposta aos seus compromisos, ese sistema aleatorio que sempre criticou”, engade.
    • Recrimináronlle que levan 14 meses de goberno e hai 18 concellos gobernados polo PP que aínda están esperando a ser recibidos.

     

    Pontevedra, 30 de setembro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular, denunciou hoxe no pleno da Deputación de Pontevedra, que despois de moito criticalo, na terceira modificación de crédito dos orzamentos deste ano, reservaron máis de un millón de euros para libre disposición da presidenta.

    “Como sempre, o tempo dá e quita razóns, e hoxe con esta modificación de crédito amósase que unha vez máis, a presidenta di unha cousa e fai xustamente a contraria”, criticou a voceira Nidia Arévalo. Nesta liña, apuntou que levan catorce meses criticando a libre disposición e hoxe, no pleno provincial, aprobaron 1,1 millón de euros para que a presidenta asine convenios comprometidos cos concellos nas súas visitas.

    “Vós, se preferides, podedes chamalos convenios, nós preferimos seguir chamándoo libre disposición”, sinalou a voceira popular, que recordou que nas comisións de contas se lles explicou aos populares que estes convenios buscan en realidade resolver os compromisos que a presidenta adquiriu nas súas visitas pola provincia. “A presidenta vai dispoñer duns cartos para poder dar resposta ás súas promesas, é dicir, libre disposición da presidenta para dar resposta aos seus compromisos, ese sistema aleatorio que sempre criticou”, engadiu a voceira.

    Ademais, os populares recrimináronlle á presidenta da Deputación de Pontevedra que despois de catorce meses desde que tomou posesión, continúe habendo 18 concellos da provincia gobernados polo PP que aínda non visitou, e a pesar de ter varias peticións de reunións no seu despacho. “Polo tanto, entendemos que eles xa quedan fóra dos convenios desta modificación de crédito, verdade?”, preguntou Arévalo.

    “A libre disposición que vostede ten para asinar convenios con Pontevedra e con Vigo, e a mesma libre disposición que vai ter a partir de hoxe con esta modificación de crédito. Sei que lle molesta, pero ás cousas hai que chamalas polo seu nome”, concluíu a voceira.