Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda: “É incompresible que se critique o éxito que está tendo o Xacobeo”

    • Avanza que a renovación e a unidade seguirán sendo os piares do partido, para o que ofrece experiencia, traballo e ilusión.

     

    10, setembro, 21.- O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo onte pola noite unha reunión  en Nigrán con  voceiros e compromisarios do Val Miñor que van participar no congreso provincial do 18 de setembro. Rueda destacou o éxito do Xacobeo 21-22, que vai ter un papel importante para a recuperación e reactivación do turismo, non só nos concellos polos que discorren as diferentes rutas do Camiño, senón de xeito transversal polo resto da provincia.

    Por iso, considera que “é incomprensible que se critique o éxito que está tendo o Xacobe”, e critica que BNG e PSOE cuestionen a importancia que ten para Galicia e para a provincia de Pontevedra. Recordou, ademais, que por estes concellos transcorre o Camiño Portugués pola Costa. “As diversas rutas do Camiño teñen un impacto directo nos sectores do aloxamento, da alimentación e da restauración, pero tamén producen un elevado impacto indirecto positivo noutros sectores económicos. Pero ademais, favorecen o equilibrio territorial e son o mellor mecanismo de promoción internacional da marca Galicia”, explicou.

    Nesta liña, lamenta a campaña de desprestixio posta en marcha pola organización xuvenil do BNG para rachar co Xacobeo, ou o boicot que o Camiño está recibindo en Vigo onde os propios hostaleiros tiveron que colaborar cos peregrinos para incluír nos seus locais a sinalización do Camiño que rexeita o alcalde.

    Durante o encontro, avanzou que a renovación e a unidade seguirán sendo os piares do partido, para o que ofrece experiencia, traballo e ilusión. “Traballar todos xuntos para a recuperación da provincia”, e marcou como o reto máis inmediato trasladar os resultados das autonómicas do ano pasado ás eleccións municipais de 2023, “para garantir tamén nos concellos a estabilidade e o crecemento que ofrecen os Gobernos do Partido Popular”.

    Rueda destacou que “se escoitamos o que nos din en cada concello, acertaremos. Este é o momento de ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía”, e por iso recordou que o PP é o partido máis coherente, máis unido e máis sólido. “Fronte ás discusións continuas dos socialistas, ou as dúbidas dos nacionalistas, o PP sigue facendo o que se espera del. A nivel interno ser un partido cohesionado para destinar todo o noso tempo e esforzo para o que é importante para a provincia e para os 61 concellos”.