Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR DENUNCIA QUE CUÍÑA ADXUDICOU A DEDO A OBRA DO PARQUIN DA PROGRESO O MARIDO DA SÚA SECRETARIA 

     

    Silleda, 9 de septiembre de 2021.- O Partido Popular de Silleda considera un auténtico escándalo a adxudicación a dedo da obra do aparcamento da rúa Porgreso a empresa do marido da secretaria particular do Alcalde Manuel Cuíña.

    Tras revisar o expediente de contratación desta obra, dende o Partido Popular puderon comporbar como o goberno do señor Cuíña, adxudicou directamente esta obra de máis de 25.000 euros, sen nin tan siquiera solicitar ofertas a outras empresas, que é o habitual en outros concellos,e que a bo seguro podería haber abaratado o custo final das obras de demolición destas naves.

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, esta situación e gravísima, “Neste caso estamos falando dunha obra dun importe elevado, e sin embargo dende o Concello decidiuse adxudicar a dedo a unha persoa coa que o Alcalde ten unha especial relación, e nin tan siquera pudemos ver o contrato asinado no expediente do que nos deron traslado. Non e a primeira vez que o vemos, pero esto xa e un auténtico escándalo, xa que nin siquiera lle pediron nin unha soa oferta a outras empresas do Concello, nin de fora, e todo o proceso de contratación e moi irregular. O Alcalde pensa que este e o seu cortijo particular e fai e dasfai sen importarlle o máis mínimo os intereses dos veciños, o único que lle importa son os seus intereses.”.

    Ignacio Maril cuestionou a decisión tomada dende o Concello tamén en canto a capacidade da empresa, “Xa vimos o que pasou con esta obra e a maneira na que o Concello actúa en relación con esta empresa, mirando para outro lado ante conductas gravísimas en relación cos dereitos e a seguridade dos traballadores, polo que é máis que evidente que dende o Concello non se actuou de xeito correcto nin na adxudicación nin no control da obra. Cada vez queda máis claro que os intereses do señor Cuíña e o seu grupo non son os dos silledenses, se non non se entende que se permitan estas situacións.”.

    Dende o Partido Popular pedirán expliacións sobre esta adxudicación e esixen que se depuren responsabilidades, “Non vamos a permitr que se fagan estas tropelías cos cartos dos silledenses. É unha auténtica vergonza que desde o Concello, que  é o primeiro que debería de dar exemplo, se contrate con empresas que non cumplen os mínimos de seguridade e de respeto os dereitos dos traballadores. Os cartos dos silledenses non estan o servicio do señor Cuíña e dos seus intereses persoais, pero semella que para él todo vale. Esto non pode seguir pasando no noso Concello, e os silledenses teñen que saber o que o señor Cuíña esta a facer cos cartos dos veciños.”.

    VALORACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO

    Dende o Partido Popular tamén esixen que se valoren os traballos que dende fai semanas esta levando a cabo o Concello no acondicionamento da parcela, xa que a pesar de que xa aparecían recollidos como necesarios no proxecto de obra, o certo e que o final non os executou a adxudicataria, e os esta desenvolvendo o Concello con medios propios, o que suporía un incremento do valor da contraprestación que perciben os donos do solar cedido para o aparcadoiro o remate das obras.

    Según indicou o voceiro popular “O tempo de cesión fixose tendo en conta o que o Concello ía investir inicialemente na parcela, e sen embargo vemos que os gastos vanse multiplicando para acondicionar unha parcela que xa todos sabemos a vinculación que ten co Alcalde e coa sua parexa e concelleira de urbanismo,  pero esto e o seu problema non dos silledenses. O que non imos consentir e que con cartos públicos se fagan  traballos para beneficiar intereses particulares. Se o final aumenta o custo do acondicionamento, o que teñen que facer e, ou ben pagalo os propietarios, ou senon aumentar o tempo de cesión do aparcadoiro, o resto son cambalaches entre eles que dende o Partido Popular non imos aceptar.”.