Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda: “O reto é garantir nos concellos a estabilidade e o crecemento que ofrecen os Gobernos do PP 

    • Avanza que a renovación e a unidade seguirán sendo os piares do partido, para o que ofrece experiencia, traballo e ilusión.

     

    9, setembro, 21.- O candidato a presidir o PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse onte pola noite en Caldas con alcaldes, voceiros e compromisarios do partido na comarca, dentro da campaña electoral interna que está realizando por toda a provincia de cara ao congreso do 18 de setembro. Neste encontro, Rueda apostou pola experiencia, o traballo e a ilusión para seguir liderando o partido provincial e avanzar nos que seguirán a ser os piares de traballo fundamentais: a renovación e a unidade. “Traballar todos xuntos para a recuperación da provincia”, e marcou como o reto máis inmediato trasladar os resultados das autonómicas do ano pasado ás eleccións municipais de 2023, “para garantir tamén nos concellos a estabilidade e o crecemento que ofrecen os Gobernos do Partido Popular”.

    Rueda destacou que “se escoitamos o que nos din en cada concello, acertaremos. Este é o momento de ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía”, e por iso recordou que o PP é o partido máis coherente, máis unido e máis sólido. “Fronte ás discusións continuas dos socialistas, ou as dúbidas dos nacionalistas, o PP sigue facendo o que se espera del. A nivel interno ser un partido cohesionado para destinar todo o noso tempo e esforzo para o que é importante para a provincia e para os 61 concellos”.

    Así, destacou que esta unión permite que o PP estea centrado “en cuestións fundamentais, como as persoas, dar resposta ás súas necesidades e xestionar, para garantir a recuperación e o crecemento tras a pandemia”. Unha labor para a que, insistiu, o municipalismo, as entidades locais do PP, son fundamentais. “Os militantes son a base máis sólida, o músculo do noso partido”.

    A modo de balance, o candidato recordou que durante os últimos 5 anos o PP provincial fixo un traballo moi intenso de renovación, marcado polas numerosas citas electorais e, no último ano e medio, pola pandemia. Ademais, desde marzo de 2016 o PP sumou preto de 1.500 afiliados novos en toda a provincia, que é a que conta con maior número de afiliados en toda Galicia (máis de 30 mil).