Alfonso Rueda: “Os once deputados de Pontevedra eran fundamentais para conseguir a maioría absoluta”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda: “Os once deputados de Pontevedra eran fundamentais para conseguir a maioría absoluta”

    O Partido Popular de Pontevedra reúne ao Comité de Dirección

    • O presidente do PP provincial felicita ao seu equipo e recorda que as eleccións se celebraron nun momento “extraordinariamente difícil e cun panorama político diferente”
    • “Galicia soubo valorar o traballo feito, os logros conseguidos e o programa do PP ata 2020. Agora toca seguir traballando”

     

    Pontevedra, 27 de septiembre de 2016.-  O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, asegurou que os resultados electorais na provincia o pasado domingo son inapelables. “Marcarámonos o obxectivo de repetir os once deputados e conseguímolo. Eses once deputados eran fundamentais para a maioría absoluta no conxunto de Galicia. Estamos moi satisfeitos porque os conseguimos nunha situación extremadamente difícil e cun panorama político diferente”.

    Rueda fixo estas declaración antes do Comité de Dirección que o PP provincial celebrou hoxe pola tarde. “O Partido Popular gañou en 60 dos 62 concellos da provincia e obtivemos maioría absoluta en 34 dos 62 concellos. En 14 deles superamos o 60% dos votos. E se temos en conta a evolución do voto ao PP na provincia, desde as eleccións europeas de 2014, o PP subiu en Pontevedra unha media de 6 puntos, mellorando o resultado en cada convocatoria”.

    O presidente provincial recalcou que a mensaxe do domingo foi clara: “Galicia quere un goberno que goberne desde o minuto un. Galicia quere que as políticas de rigor e seriedade que permitiron que hoxe esteamos en mellor posición que outras comunidades se consolide, igual que o crecemento e o emprego. Puxemos bases sólidas para conseguilo, damos tranquilidade e esa foi a razón fundamental para que os galegos nos desen un apoio maioritario e indiscutible”. 

    Sobre o triunfalismo do alcalde nacionalista de Pontevedra, que presumiu duns resultados nos que perdeu un deputado na provincia, recordou que o cabeza de lista era a súa man dereita: “Se el está tan satisfeito cun apoio tres veces inferior ao do PP, como teriamos que estar nós?”.

    Rueda quixo agradecer o esforzo desenvolto polo partido en toda a provincia, incluíndo a candidatos, militantes, simpatizantes e o equipo de campaña. “Pontevedra e Galicia souberon valorar o traballo feito, os logros conseguidos e o programa do PP ara 2020. O resultado non vén de 15 días de campaña senón de estar en forma e de estar en contacto con todo o mundo”

    De cara ao futuro, o presidente provincial sinalou que o PP vai corresponder con catro anos de goberno cun obxectivo principal: seguir creando emprego e consolidando o crecemento da nosa comunidade. “En definitiva, agora toca seguir traballando”.

    Rueda avanzou que o presidente do PPdeG estará na cidade o martes da semana que vén para analizar máis polo miúdo os resultados electorais na provincia.

     

Add comment


Security code
Refresh