Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do PP de Pontevedra será o 18 de setembro en Pontevedra

    • Poderanse presentar candidatos á presidencia ata o mércores 4 de agosto.
    • Un total de 705 compromisarios terán dereito a voto.

     

    20, xullo, 21.- O Partido Popular celebrará o seu congreso provincial o próximo 18 de setembro en Pontevedra. Así se acordou na Xunta Directiva que se celebrou esta tarde, na que tamén se pecharon outros detalles do que será o XVIII cónclave provincial.

    No congreso participarán 705 compromisarios, dos cales 141 son natos e 564 electos. O PP opta polo menor número posible de compromisarios permitidos polo regulamento, como medida de prevención ante a pandemia sanitaria.

    O presidente Alfonso Rueda salienta a importancia de renovar equipos para preparar as municipais de 2023, e destaca a forza e a unidade dun partido que ten moi claro o que precisa a provincia e cada un dos seus concellos. Neste senso, destaca que estes procesos forman parte da dinámica do partido e só pode ser positivo para manter o dinamismo.

    PRESIDIRÁ O COMITÉ ORGANIZADOR ANA ORTIZ ÁLVAREZ

    A Xunta Directiva nomeou tamén aos membros do Comité Organizador, que será o que se responsabilice de todos os detalles para garantir a correcta celebración do mesmo.

    Ana Ortiz Álvarez será a presidenta do Comité, que contará con  Camilo Augusto Martínez e como secretario con Alberto Acuña Crespo. Amalia Goldar Cora e María Dolores Hermelo Piñeiro serán os vogais.

    PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS

    Desde o martes 27 de xullo e ata o vindeiro mércores 4 de agosto, os militantes que desexen optar á Presidencia do partido poderán presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada de 75 apoios, tal e como recollen os estatutos do partido.

    Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de 17 días, desde o venres 27 de agosto ata o domingo 12 de setembro, para os que se presenten poidan expoñer o seu programa para a nova etapa e buscar apoios.