Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda: “Queremos que Feijóo siga liderando o noso partido e siga a ser o noso exemplo”

    • Destaca a importancia de “non renderse nunca. Sabemos de onde vimos e que xuntos o somos todo, fronte a outros partidos que son noticia polas súas divisións”.
    • Volveu a amosar o apoio do PP aos traballadores de Ence, fronte a quen non os deixa traballar e tampouco lles ofrecen solucións.

    17, xullo, 2021. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, trasladou hoxe o apoio da provincia a Feijóo. “Queremos que sigas liderando o noso partido e que sigas sendo o noso exemplo, un partido no que os galegos confíen cando as cousas se poñen difíciles, no que poden confiar para xestionar os momentos máis complicados e nas peores situacións”.

    Así, destacou a importancia de “non renderse nunca. Sabemos de onde vimos e  que xuntos o somos todo, fronte a outros partidos que son noticia polas súas divisións”. Como reto máis próximo, referiuse ás próximas eleccións municipais. “Temos moitas cousas que conservar e outras moitas que mellorar, porque dos erros tamén se aprende. Pero xuntos e con traballo imos estar á altura”.

    Neste senso, puxo en valor o traballo das agrupacións locais, e referiuse aos 30 mil afiliados que ten a provincia de Pontevedra e aos preto de 400 compromisarios e convidados que están participando no Congreso. Tamén quixo agradecer “o traballo duro que fixo e seguirá facendo Miguel Tellado xunto ao máis grande”.

    Ademais, o presidente provincial lembrou que o Congreso debería estar celebrándose na cidade de Pontevedra, pero que por responsabilidade e por seguridade ante a situación sanitaria decidiuse trasladar a Santiago. “Unha cidade que onte tivo un mal día, porque BNG e PSOE están no camiño de deixar sen traballo a 500 persoas de xeito directo, e case 5.000 indirectamente en toda Galicia”. Rueda, que onte estivo na manifestación para mostrar o apoio do Partido Popular “aos traballadores que están pedindo que lles deixen traballar fronte a quen no os deixa e tampouco lles dan solucións”, recordou que “o BNG que leva anos baleirando á cidade de emprego de calidade mentres que o PSOE traballa polo obxectivo de botar a Ence de Pontevedra e agora di que a cousa non vai con eles”.

    Por último, tivo un agradecemento a José Manuel Figueroa, unha persoa que tivo un papel fundamental no PP de Vigo e da provincia de Pontevedra, e que esta mañá asistiu ao Congreso. “Unha persoa que encarna moitas das cousas que defendemos e coas que nos sentimos identificados. Constancia, esforzo, vocación, esforzo. Querer estar coa xente”.