Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O Partido Popular critica que a pesar do gasto en desbroce, os camiños de Poio nunca tan mal estiveron

    • Ángel Moldes sinala que hai un problema de planificación, xa que o Tripartito prioriza a venda de favores e as fotos nas redes sociais en lugar de ter un plan de actuación.
    • “Os veciños pagan máis impostos que nunca por peores servizos”, denuncia.

     

    Poio, 07 de xullo de 2021. O Partido Popular de Poio critica que a pesar do gasto en desbroce, os camiños e zonas públicas do concello están en peor situación que nunca. “Os desbroces son un exemplo máis de que Poio está peor co Tripartito. Estamos no peor ano en planificación de limpeza dos camiños municipais”, denuncia o voceiro Ángel Moldes. Así, sinala que a pesar de que cada vez se gasta máis cartos en desbroces, os camiños están peor que nunca.

    “Hai zonas, como por exemplo Espedregada en Raxó, nas que limparon só un tramo do camiño, e a pesar de que os veciños advertiron máis de cinco veces desta situación, continúa exactamente igual. E tamén hai outras vías nas que as herbas das cunetas están tan crecidas que os veciños rascan os seus coches cando pasan por elas”.

    Por iso, desde o Partido Popular levan presentando rogos e propostas nas comisións de urbanismo para que se atenda esta situación que se repite en moitos camiños das diferentes parroquias de Poio. “Entendemos que coa chuvia e co sol a herba e a maleza crece, pero non é unha situación excepcional que non se repita cada ano”. Así, consideran que “hai unha clara falta de planificación, falta un plan de traballo para actuar con criterio nas diferentes estradas”. Pola contra, din que o Tripartito prioriza a venda de favores e as fotos das redes sociais en lugar de seguir un plan de actuación. “Tanto os traballadores municipais como as empresas que contrata o concello fan un moi bo traballo, pero o problema é que detrás está o Tripartito. Son moitos a mandar e o que provocan é unha falta de coordinación absoluta”.

    Recordan que “en anos anteriores organizaban as zonas por festas locais, por eventos deportivos, etc., e agora nin iso”, e poñen de exemplo foi no ultimo evento deportivo de Lourido “no que a imaxe era lamentable”.

    Por último, lamenta que “os veciños de Poio pagan máis impostos que nunca por peores servizos. Nunca tan mal estivo Poio como co Tripartito. Subiron a viñeta dos coches e os veciños rascan os seus vehículos coa maleza dos camiños”.