Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Javier Bas: “O PP non vai parar ata conseguir baixar o IVA das perruquerías ao 10%, a pesar do veto autoritario do Goberno no Senado

    • Pregunta a Sánchez que lle fixeron estes profesionais, aos que se lles exclúe das axudas directas, lles prexudica coa nova tarifa eléctrica e agora lles negan unha medida aprobada no Senado.

     

    01, xullo, 21.- O deputado nacional por Pontevedra, Javier Bas, anuncia que “o PP non vai parar ata conseguir baixar o IVA das perruquerías do 21% ao 10%, a pesar do veto autoritario do Goberno no Senado”. Así, cualifica de “escándalo maiúsculo, exercicio de autoritarismo e burla democrática” o veto do Goberno á emenda do GPP que foi aprobada no pleno do Senado por ampla maioría para baixar o IVE ao sector a imaxe persoal e que non afectaba ao orzamento actual.

    Foi durante o pleno que se celebrou esta semana no Congreso, no que Bas preguntou a Pedro Sánchez “que lle fixeron estes profesionais para causarlle tantos prexuízos”, e recordou que “foron excluídos das axudas directas, a nova tarifa eléctrica suponlle un grave dano e, agora, lles negan unha medida aprobada no Senado cun veto de dubidosa legalidade, pero a todas luces inmoral”.   

    O deputado popular destaca que “estes profesionais tiveron un comportamento exemplar durante a pandemia, adaptando os seus negocios ás medidas anticovid e, a pesar de ver como incrementaban os seus custes, non subiron os prezos aos seus clientes”. Por iso, lamenta que “agora que están nunha situación crítica e piden axuda, o Goberno se poña de costas”.

    Por último, recorda que o sector perdeu máis de 50.000 empregos en España, pechou máis do 30% dos seus salóns e a facturación caeu un 37% no primeiro trimestre de 2021. “A situación é dramática para un sector que é fundamentalmente feminino e mozo”, afirma Bas, e advirte que si non se baixa o IVE “as arcas públicas poden perder 145 millóns de euros, poden pechar 20 mil salóns e se poden destruír outros 47.000 empregos máis”.